Biscoito de limón, iogur e arandos / Lemon, yogurt and bluberries tea cake

Biscoito de limón, iogur e arandos

Canto tempo hai que non facía un biscoito! Xa comezaba a botalos de menos. Desta vez, a idea de facer este biscoito de limón con arandos e iogur chegou mentres poñía orde entre os meus libros de cociña e, coma sempre, rematei sentada no chan pasando follas e namorando de receitas que nin recordaba. Un dos meus libros favoritos é o que merquei en Londres, do que xa vos falei cando fixen a receita da Cottage Pie. [The Great British Farmhouse Cookbook, Sarah Mayor] É un libro que me encanta porque ten moitas receitas con produtos da horta, sinxelas, sen moitas historias e, ademais, con receitas típicas. Este é un biscoito para tomar co té (case diría que non hai nada máis inglés ca isto) e aínda que na receita orixinal empregan framboesas, eu tiña máis a man uns arandos.

A sorte tamén foi que xusto esta semana unha compañeira de traballo me dou uns limóns da súa horta e… Que sabor!

O resultado é un biscoito crocante na parte superior, húmido e suave por dentro, cun intenso sabor a limón e que se desfai na boca. Non se fai moi doce e os arandos quédanlle moi ben, mais tamén podedes probar con framboesas, amoras, amorodos ou amorillotes, ou unha mestura destes froitos tamén lle había quedar moi ben.

Ingredientes:

– 200 gramos de fariña triga
– 2 culleradiñas de fermento químico
– un belisco de sal
– 115 gramos de manteiga a temperatura ambiente
– 225 gramos de azucre (eu empreguei ‘caster sugar’ do que xa vos falara na receita dos Hot Cross Buns)
– 1 limón (para relar e para o zume)
– 2 ovos
– 100 gr iogur natural sen azucre
– 25 gramos de fariña de améndoa ou améndoa moída
– 100 gramos de arandos frescos
– 100 gramos de azucre
– azucre en po para decorar

Preparación paso a paso:

1. Poñemos a quentar o forno a 180ºC e peneiramos a fariña xunto co fermento químico e o sal.

2. Batemos a manteiga e o azucre (caster sugar) ata que fique unha mestura moi cremosa, e imos engadindo e batendo de cada vez a reladura de limón, os ovos, a mestura de fariña, o iogur, e a fariña de améndoas, alternando ingredientes líquidos e sólidos.

3. Nun molde, untado de manteiga, botamos aproximadamente un terzo da masa e poñemos uns poucos arandos. Repetimos este proceso deixando arandos na capa superior.

4. Enfornamos a 180ºC durante 40 minutos ou ata que vexamos que ten unha fermosa cor torrada por riba, poñemos un anaco de papel de aluminio tapando a parte superior para que non se torre de máis e enfornamos uns 15-20 minutos.

5. Mesturamos o zume de limón e o azucre e cando saquemos o biscoito do forno, vertemos o zume e agardamos un 10 minutos a que se enchoupe ben.

6. Sacamos o biscoito do molde e deixamos que arrefríe sobre a grella fo forno. E listo!

O zume de limón fai que o biscoito quede aínda máis húmido e cremoso pola parte superior, dándolle tamén un intenso sabor a limón que aínda que non sexades moi seareiras do limón (que é o meu caso) de seguro que deixaredes o anaco de arriba para o final 🙂 E, por suposto, tamén se pode facer con laranxa e con outras froitas. Como sempre vos digo, o mellor é probar e experimentar ata que deades coa versión máis vosa e que máis vos encha o ollo (e o bandullo!) Bo proveito Kukis!!!

_____________________

Lemon, yogurt and blueberries tea cake

It’s been so long since I haven’t prepared a sponge cake, I knew it was absolutely about time! The idea came one morning while I was trying to put some order among my cookbooks. And as usual, I ended up sitting on the floor, looking at all the wonderful recipes I have in there. One of my ever favourite books is The Great British Farmhouse Cookbook by Sarah Mayor. I bought it when I went to London last year and it’s been one of my fav ever since. I had already cooked the Cottage Pie, which by the way has become a recipe I’ve included into my usual cooking, and I wanted to prepare a sweet one as well. The original recipe asks for raspberries, but as I had some blueberries at home, I used them.

Besides, this recipe just came in the right time to use the lemons one of my workmates has given me. Oh God, what a flavour!!!

The result couldn’t be better, a cake with a crunchy top, moist and wet on the inside and with an intense lemony flavour that will melt in your mouth. It’s not too sweet and blueberries make a great match. You can as well use raspberries, blackberries, strawberries, or even a combination of all.

Ingredients:

– 200 gr plain flour
– 2 tsp baking powder
– a pinch of salt
– 115 gr butter, room temperature
– 225 gr caster sugar
– 1 lemon (zest and juice)
– 2 eggs
– 100 gr natural yogurt (without sugar)
– 25 gr almond flour
– 100 gr fresh blueberries
– 100 gr plain sugar
– powdered sugar to decorate

Step by step preparation:

1. Preheat oven at 180ºC and sift flour with baking powder and salt.

2. Whisk butter and caster sugar til it gets really smooth and creamy. Add lemon zest, eggs one by one, and tablespoons of yogurt and flour mixture.

3. In a buttered mould, pour 1/3 batter and some blueberries on top. Repeat this 2 or 3 times, ending with some blueberries on top.

4. Bake at 180ºC for 40 minutes or until you see a beautiful golden brown colour on top. Place some til foil over the top and bake for arond 15-20 minutes more.

5. Mix lemon juice and sugar and when cake is ready, pour it over he cake and wait for 10 minutes until fully absorbed.

6. Take the cake out of the mould and allow to cool over a wire rack. And that’s it!

Lemon juice on top turns this cake into a super moist one, really smooth and wet and with a super delicious lemony flavour. Even those of you who are not huge fans of lemon (as it is my case) will absolutely love this one! And I’m sure the top will be the last on your plate! You can as well try other fruits, such as orange. This cake will always be a total success! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.