Paté de lentellas e noces / Lentil and walnut pâté

Paté de lentellas

É curioso como isto da comida non escapa das modas, ao igual que pasa con moitas outras cousas. De súpeto, hai un prato que se pon de moda e non hai carta de restaurante ou blogue de receitas no que non apareza. Xa pasou cos muffins, co tataki, os ceviches, os bao ou o hummus. Algunhas destas receitas conseguen formar parte da nosa dieta e outras acaban por non ser máis ca una moda pasaxeira.

O do hummus chámame especialmente a atención. Botando de conta que é un prato nutritivo, saudábel, rápido e saboroso, non tedes a sensación de que chegamos a un punto no que calquera paté de legumes é un hummus? Polo que eu sei o hummus debe levar garavanzos, senón xa non o é.

Sexa como for, este paté de lentellas é moi socorrido e é unha opción moi saudábel. A min gústame para cear acompañado de crudités (verduras crúas) ou para petiscar na merenda ou no almorzo cun anaco de pan torrado. Pódese preparar e deixar uns días na neveira polo que tamén volo recomendo para preparar os bocadillos dos máis cativos. De feito, para facelo máis nutritivo tamén engadimos froitos secos. Xa veredes que é unha receita moi completa e chea de sabor. Imos aló!

Ingredientes para 4 persoas:

  • 225 gramos de lentellas
  • 50 gramos de noces
  • 1 cullerada de tahini
  • un chorro de zume de limón
  • un chorro de aceite de oliva
  • 1 allo
  • sal
  • Crudités: cogombro, pemento vermello, verde e amarelo e cenoria.
  • Sementes de cabaza, xirasol e pemento (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Cocemos as lentellas que deixamos a remollo o día anterior. (Se vos é máis cómodo, tamén podedes empregar lentellas xa cocidas)

2. Na batedora ou nunha picadora, botamos tódolos ingredientes e batemos ata que a mestura estea cremosa. Non esquezades probar de sal.

3. Decoramos coas sementes, un chorriño de aceite o pemento e acompañamos coas verduras. E listo!

Este paté de lentellas é unha moi boa opción para seguir tomando legumes agora que xa empeza o bo tempo e o corpo non nos pide pratos quentes. Ademais, ao levar as noces e acompañalo coas verduras, resulta un prato moi nutritivo. E xa vedes que non ten máis ciencia que a de mesturar tódolos ingredientes. E se queredes unha opción máis rápida, só tedes que mercar un bote de lentellas xa cocidas e así só hai que bater e xa está. Bo proveito!!!

__________________________________________________________

Lentil and walnut pâté

It is curious how food, as almost every single thing lately, does not escape fashion, so suddenly some dishes start to appear on all food blogs and restaurants. It’s already happened to tatakis, ceviches, bao buns, muffins, cupcakes or hummus. Some of these recipes are here to stay, but some of them just disappear after some time in the hall of fame.

What happens with hummus is that now it’s become known worldwide, it looks like every veggie pate is hummus. And I’m sorry but that’s not the case. Hummus has to, at least, have chickpeas among its ingredients, so though I called this recipe pate, I’m sure you may have hear some people call it lentil hummus.

Whatever it is, this lentil and walnut pate is a super healthy option. I like having it with raw veggies as a snack in the morning or in the afternoon, or for breakfast, lunch or dinner with some toasted bread. You can prepare some and have it in the fridge to prepare kids’ snacks or sandwiches. In fact, with walnuts is even more nutritious.

Ingredients for 4 people:

  • 225 gr lentils
  • 50 gr walnuts
  • 1 tbsp tahin
  • 1 dash of lemon juice
  • 1 dash of olive oil
  • 1 garlic clove
  • salt
  • Veggies: cucumber, red, green and yellow bell pepper, and carrot.
  • Pumpkin and sunflower seeds and paprika (optional)

Step by step preparation:

1. Cook lentils (previously soaked overnight).

2. In a food processor, process all ingredients until it’s creamy. Try and salt.

3. Decorate with seeds, olive oil and paprika and have it with some veggies. And that’s it!

This lentil and walnut pate is a very good way of eating legumes when it’s so hot we don’t feel like having a stew. Besides, this dish is so healthy, so nutritious and so complete! Nuts, veggies and legumes, what else can we ask for? And if you want a quicker version, you can buy already cooked lentils and so it’ll be just processing! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.