Hot Cross Buns
Os Hot Cross Buns son uns pequenos pans que adoitan levar uvas pasas, especias e unha cruz na súa parte superior. É unha lambetada típica da Pascua no Reino Unido, e é o Venres Santo o día en que tradicionalmente hai que meterlle o dente a este doce. E por que este día? Pois porque alá polos tempos da raíña Isabel I houbo unha época na que se prohibiu a venda destes pans e doutros similares que tamén contiñan especias, e só se permitía o seu consumo o día de Venres Santo ou o día de Nadal.
Que manías estas de andar prohibindo lambetadas! Eu probeinos cando fun por primeira vez a Londres durante a Pascua, e a verdade é que me pasou un pouco como cando vou buscar cogomelos ao monte, que máis ben me ven eles a min, que non eu a eles. Andabamos a facer turismo e, de súpeto, comecei a ver que estes pequenos doces comezaban a aparecer polos escaparates das pastelarías. E claro, pensei, a ver se vai ser que son típicos desta época… e, obviamente, así era.
Non vos vou enganar, a receita é sinxela, si, mais tendo a Kitchen Aid, que amasa ela soa, para min aínda son máis doados de facer, mais o de amasar a man tamén vos ten un compoñente terapéutico impagábel, non si? 🙂 Polo demais, basicamente mesturar tódolos ingredientes e ter tempo para deixar levedar a masa. Eu fixen unha versión un chisco máis larpeira, e boteille chocolate e non pasas, mais se queredes facer a versión tradicional, a cantidade é a mesma. Ademais, por unha vez, merquei o famoso ‘caster sugar’, que se adoitades ler receitas en inglés, veredes que é un tipo de azucre moi común na preparación de lambonadas. Vén sendo un azucre branco, como o de sempre, mais cun gran un pouco máis fino. Non creo que se note moito cambio por usar o de sempre, polo que se non o atopades ou non o queredes mercar, co de sempre tamén se pode facer a receita perfectamente. A marca deste azucre branco moi fino é Tate & Lyle e podédela atopar en grandes superficies 😉 Imos aló!
Ingredientes para 12 pasteis
- 16.5 gramos de fermento de panadeiro (seco) [veñen sendo 3 paquetiños de 5,5]
- 110 gramos de azucre moi fino (caster sugar)
- 375 ml de leite morno
- 635 gramos de fariña de forza
- 2 culleradiñas de canela
- 1 culleradiña de noz moscada
- 1 belisco de xenxibre en po
- 1 culleradiña de sal
- 200 gramos de perlas de chocolate
- 1 laranxa relada
- 50 gramos de manteiga semi-desfeita
- 1 ovo
- 65 gramos de fariña normal e 5 culleradas de auga para as cruces
- 1 cullerada de marmelada de pexego e 2 culleradiñas de auga para facelos brillar
Preparación paso a paso:
1. Mestura o fermento, o azucre e o leite morno e deixa que o fermento comece a facer das súas durante 5 minutos.
2. Engade o resto dos ingredientes dos pasteis: fariña, canela, noz moscada, xenxibre, sal, laranxa, manteiga e ovo (as perlas de chocolate engadirémolas despois) e amasa durante uns 10-15 minutos ou ata que masa xa non se pegue nas mans e sexa manexable. [Na Kitchen Aid, velocidade 2 durante 12 minutos]
3. Engade as perlas de chocolate e amasa ata que queden o máis repartidas posible.
4. Forma un boliño, tápao cun pano húmido e deixa que levede durante unha hora e media.
5. Pasado o tempo de levedo, pégalle unha boa puñada á masa para desinchala.
6. Pesa a masa e divide o peso por 12 para saber canto debe pesar cada boliño. (No meu caso foron 120 gramos). Forma os boliños procurando que queden ben redondos e lisos.
7. Cubrimos un molde con papel de forno untado de aceite e poñemos os nosos boliños, deixando un oco entre eles.
8. E deixamos levedar durante 45 minutos, tapando os bolos cun trapo húmido. Veredes que os boliños medraron e agora están pegadiños.
9. Mesturamos a fariña e a auga para facer a masa das cruces, e cunha manga pasteleira ou unha bolsa de plástico á que lle cortaremos unha punta, iremos facendo as cruces. Non é complicado, pois a masa ten moi boa caída, xa veredes.
10. Enfornamos a 180ºC durante uns 23-25 minutos ou ata que fiquen douradiños.
11. Mentres agardamos, mesturamos a marmelada coa auga e quentamos a mestura no microondas durante uns 20 segundos. Cando saquemos os Buns, vernizámolos con esta mestura e listo!
Teño que admitir que cansa máis escribir a receita con tantos pasos que facela. Non vos asustedes polo número de pasos ou polos ingredientes, de verdade que paga ben a pena todos e cada un dos minutos empregados en facer esta lambetada de Pascua. Ademais, estes boliños pódense conxelar sen problema ningún, polo que podedes telos no conxelador sempre dispoñibles para cando teñades antollo deles, sexa ou non Venres Santo, que agora xa se poden comer en calquera ocasión 😀
_______________________________________
Hot Cross Buns
Hot Cross Buns are small sweet treats that are usually made of raisins, spices and a dough cross on top. They’re typical at Easter in the UK, and it is in fact on Good Friday when you are supposed to give them a good bite! And why on Good Friday? Well, because during the Elizabethan period, a decree prohibited the sale of these and other spiced breads, only allowing its consumption on Good Friday or Christmas.
I find this kind of prohibitions so annoying! I tried them for the first time in London during the Easter break, and it happened to me exactly as when I go mushroom hunting, they see me instead of me seeing them 🙂 I was on holidays with my family when I started to notice these buns began to appear in every single bakery, so… I thought (and, obviously I was on the right track) they had to be part of the Easter celebration.
I must confess this recipe is even easier in my case, as I have the Kitchen Aid at home, which makes kneading something easy peasy lemon squeezy! But… hand kneading is one of the most anti-stress activities you can think of, and if you have in mind what you’ll be getting after that, it’s totally priceless! I used chocolate chips instead of raisins and, for once, caster sugar instead of plain white sugar, but you can change these ingredients if you like them better or have them at home and want to use them.
Ingredients for 12 buns
- 16.5 gr yeast
- 110 gr caster sugar
- 375 ml lukewarm
- 635 gr bread floue
- 2 tsp cinnamon
- 1 tsp ground nutmeg
- 1 pinch ginger powder
- 1 tsp of salt
- 200 gr chocolate chips
- 1 orange zest
- 50 gr butter semi-melted
- 1 egg
- 65 gr plain flour and 5 tbsp water for the crosses
- 1 tbsp apricot jam and 2 tsp water to make them shine
Step by step:
1. Mix yeast, sugar and milk and let the magic happen for 5 minutes 😉
2. Add in the rest of the buns ingredients: flour, cinnamon, nutmeg, ginger, salt, zest, butter and egg (chocolate chips will be added afterwards) and knead for around 10-15 minutes or until dough is more elastic. [Kitchen Aid speed 2, 12 minutes]
3. Add in chocolate chips and knead until all well integrated.
4. Shape like a ball, cover with a wet tea towel and allow to rise for an hour and a half.
5. Punch dough to deflate.
6. Weigh the dough and divide into 12, so you know how much each bun should weigh (mine were 120 gr each). Give a beautiful round shape to each bun.
7. Cover a baking mould with a baking sheet and some oil and place buns, leaving some space between them.
8. Cover again with a wet tea towel and let them rise for 45 minutes.
9. Mix flour and water for the crosses, and with a pipping bag or a small ziplock bag then snip corner, pipe the crosses over the buns, as you can see in the pictures.
10. Bake at 180ºC for 23-25 minutes or until they get a beautiful brown color on top.
11. While we wait, mix jam and water, microwave for 20 seconds and brush while still warm. And that’s it!
I must admit it has been quicker and funnier to actually make these buns rather than writing the recipe. Don’t be scared by so many ingredients and steps, they are totally worthy! And if you don’t want to or can’t eat all 12 buns, you can freeze them and have them ready whenever you feel like having a hot cross bun, no matter if it’s a Good Friday or Christmas, there’s no such a prohibition now, luckily!