Bolachas de lavanda / Lavender Shortbread

Bolachas de lavanda

Se xa hai tempo que seguides este blogue, xa vos comentei máis dunha vez que unha das miñas paixóns que máis está ligada á gastronomía é mercar libros de cociña. Cando viaxo, sempre procuro ir na busca dunha libraría para poder botar un ollo aos libros ata topar un que me encha o ollo 🙂 Cústame decidirme, non vou dicir que non, sempre quero que teña receitas típicas (non as típicas receitas modernas de calquera libro), que estea escrito na lingua orixinal (sempre e cando non se me complique moito entendelo), que teña algo máis que non só receitas (historia, tradición, produtos típicos…) e, por último, e non menos importante, que sexa fermoso.

Na miña última viaxe a Francia, a onde vou moito e non me canso de voltar, dei en que despois de tantas visitas, aínda non mercara ningún libro. Non podía ser. Estando en Toulouse, atopei unha libraría e alá fun! Desta vez non podía pasar.

Tardei un chisco, non o vou negar, había moitos libros de cociña moderna, mais eu quería algo máis tradicional, con receitas onde se empregasen produtos típicos de Francia. E, por fin, apareceu! Non sei se algunha vez vistes un programa de cociña que votaban na 2 no que unha cociñeira ía percorrendo Francia, falando coas súas xentes, investigando sobre os produtos típicos e cociñando cos habitantes de cada rexión varios pratos típicos. O programa chámase As receitas de Julie e unha das cousas que máis me gustaba era que ao final de cada capítulo, xuntábanse todos e organizaban unha gran paparota cos pratos que prepararan con Julie.

O libro chámase Le Tour de France Gourmand de Julie Andrieu, e nel, Julie percorre as distintas rexións de Francia probando os seus produtos máis representativos e escribindo unha receita sobre cada un deles. Así na primeira ollada, xa me chamou a atención esta receita de Galletas de lavanda, porque xa probara neste país una creme brulée (o que ven sendo una versión francesa da crema catalá) que tamén levaba lavanda e aquí é un ingrediente que non adoita empregarse moito (ou nada) na cociña.

Recoñezo que o principal problema para facela era precisamente atopar lavanda o máis fresca posíbel e que, evidentemente, fóra apta para o consumo. Así pois, comezou a busca e, cando xa estaba a piques de renderme, pois ou ben non a había, ou ben era para usala como ambientador e non me valía, entrei nunha pequena herboristaría no barrio de Gràcia en Barcelona e preguntei. Coincidencias da vida, a herborista comentoume que xusto esa semana mercara lavanda fresca, que non adoita facelo, mais que lle veu boa pinta e mercouna. Agora si, tiña que facer estas galletas si ou si. Imos aló!

Ingredientes para unhas 20 galletas

  • 250 gramos de fariña
  • 125 gramos de azucre en po
  • 1 cullerada de grans de lavanda
  • 200 gramos de manteiga
  • 1 belisco de sal

Preparación paso a paso:

1. Comezamos batendo a manteiga ata que vexades que ten unha textura cremosa.

2. Separamos os grans de lavanda ata que teñamos unha cullerada.

3. E engadímolos á mestura, xunto coa fariña, o azucre en po e o sal.

4. E mesturamos ata que a masa teña unha textura fariñenta.

5. Formamos un boliño, estiramos a masa co rolo entre dous papeis de enfornar ata ter un disco duns 35/40 cm de diámetro e metémolo na neveira durante uns 45 min. a unha hora. (Kukiconsello:isto fará que a masa sexa máis manexable, polo que se durante o proceso, vos volve custar facer as formas, voltade meter a masa na neveira e listo!)

6. Cun molde de galletas ou unha tapa dun bote, iremos formando as galletas e poñéndoas sobre un papel de enfornar na bandexa do forno. Procurade non pegalas moito, que medran! 😛 Iremos formando as galletas ata que quedemos sen masa, recordade que se a masa está moi branda, será moi difícil facer as formas, polo que seguide o kukiconsello e metede a masa na neveira cando faga falta.

7. Co forno xa quente a 180º, enfornamos as galletas durante uns 13 minutos ou ata que vexades que as beiras comenzan a coller unha cor dourada. Coma sempre, deixámolas arrefriar sobre a grella para que estean ben crocantes. E listo!

Cómpre gardalas nunha lata para que manteñan a textura crocante durante varios días. Son unhas galletas que teñen un sabor manteigoso e si, aínda que pareza que non, teñen moito sabor a lavanda. E quédalles taaan ben! Así como o belisco de sal, que semella que non é moito, mais coa manteiga casa moi ben e resalta o sabor da lavanda. En resumo, son unhas galletas moi especiais cun sabor único e diferente!

_______________________________________________

Lavender shortbread biscuits

If you have been a follower of this blog for even a short period of time, I’m sure you know that one of my greatest passions related to gastronomy is buying cookbooks. Every time I travel, I always keep some time to go to a bookshop and look around until I see a cookbook that makes me fall for 🙂 It’s usually hard for me to decide, I cannot say the opposite, because I don’t want any book, a want one from which I can learn the most typical recipes (not any modern recipe you find in almost any book now), in the original language ( at least if a have a minimum of understanding of the language), not only having recipes, but something else: history, traditions… and, last, but not least, it has be to be beautiful.

On my last trip to France, I travel a lot there and I never get tired of it, I realized that after so many visits, I hadn’t bought a book yet. That couldn’t be possible! I had to do something immediately, so as soon as I got to Toulouse, I started searching for a bookshop to find the cookbook.

It took me a little while, more than I’d actually thought, because there were many modern cuisine books, but I wanted something more traditional, with French products and with recipes everyone in France knows. And there it was! The book is called Le Tour de France Gourmand de Julie Andrieu, and in it, Julie goes to different regions of France trying the most representative products and writing a recipe someone from each places has taught her to do. The first recipe that caught my eye were these lavender biscuits, especially because in one my other trips to France, I tried a creme brulée made with lavender and I absolutely loved its flavour, so I knew these cookies were going to be a success. And because lavender is not a ingredients we usually include in our recipes.

I must admit that finding fresh lavender in here was quite of a challenge for me, especially if you want to use it for cooking purposes. So, I started to look for it in every place I could think of. It was being kind of hard, so I started to feel like I should give up and prepare any other recipe from the book. However, I bumped into a small herbalist shop in Gràcia in Barcelona and I decided to ask for it. I was very surprised to know the person in charge had bought some fresh lavender that same week because she has seen it looked super good! Suddenly, I felt so lucky I knew I had to prepare these biscuits. Let’s go!

Ingredients for around 20 biscuits

  • 250 gr plain flour
  • 125 gr powdered sugar
  • 1 tbsp lavender grains
  • 200 gr butter
  • 1 pinch of salt

Step by step prepration:

1. Whisk butter until creamy.

2. Get some lavender grains until you have a tbsp.

3. Add in to the mixture, together with flour, sugar and salt.

4. Mix until it all has a floury texture.

5. Shape the dough into a ball, roll it with a rolling pin until you get a disk of 35/40 cm diameter and refrigerate for around 45 min. to 1 hour. (Kukitip: it’s important dough is cold to be able to shape the cookies, so if you feel it gets too warm and you can’t work with it, refrigerate it again whenever you need it).

6. Using a cookie cutter or any other round thing you can use to give shape, shape biscuits and place them over a baking sheet on a baking tray. Try to separate them as much as you can because they grow quite a bit in the oven 😛 Cut biscuits until you have finished all the dough.

7. With a hot oven at 180ºC, bake biscuits for around 13 minutes or until the edges of the biscuits start getting a light brown colour. As usual, allow them to cool over a wire rack to keep them crunchy. And that’s it!

As it is always the case with butter biscuits, it’s important to keep the biscuits in an airtight container or a tin so they keep the crunchy texture longer. These biscuits have a buttery flavour and, although we only use some lavender grains, you can actually taste lavender in every bite. And it is so delicious! And don’t forget the pinch of salt, it always matched really well with butter and it helps lavender flavour be more intense. These biscuits are going to be your favourite because they are different and unique!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.