Biscoito de lima e arandos / Lime and blueberries cake

Biscoito de lima e arandos

Comezo a pensar que son tan seareira dos biscoitos que ao final hei ter que cambiarlle o nome ao blogue 😀 Gústame preparalos porque un dos pequenos praceres dos que máis gozo é almorzar un anaco de biscoito caseiro pola mañán. Aínda que me gustan todas e cada unha das versións de biscoitos que fixen e coñezo, os de froita son de seguro os que máis me enchen o ollo. Fanse máis frescos, máis sabedeiros e ademais, podemos adaptalos ás distintas froitas de tempada e converter unha masa base moi sinxela nun súper biscoito. Desta vez, entre os arandos e a lima teremos un biscoito cun evidente sabor doce, un punto salgado e un intenso sabor cítrico. Non vos enredo máis e imos aló! Xa veredes que marabilla, repetiredes seguro.

Ingredientes:

– 125 ml leite agre (125 ml de leite + zume de 1/2 lima ou limón)
– 115 gramos de manteiga a temperatura ambiente (algo branda)
– 215 gramos de azucre (sacaremos unha cullerada para esparexer por riba antes de enfornar)
– reladura dunha lima
– 1 ovo
– 1 cullerada pequena de esencia de vainilla
– 125 gramos de fariña triga (sacaremos unha cullerada ben chea para os arandos)
– 125 gramos de fariña triga integral
– 1 cullerada pequena de sal
– 2 culleradas pequenas de fermento químico
– 125 gramos de arandos

Preparación paso a paso:

1. Se non temos leite agre, o primeiro paso será facer a nosa versión caseira, para iso, só temos que engadir ao leite o zume de media lima. Iso si, non vos esquezades de relala primeiro, pois despois é moito máis complicado.

2. A continuación, mesturamos a manteiga algo branda xunto co azucre e a reladura de lima. (Recordade gardar unha cullerada de azucre para despois)

3. Engadimos a vainilla e o ovo.

4. Mesturamos as fariñas co sal e o fermento e engadimos a metade á mestura. (Recordade sacar unha cullerada de fariña triga para os arandos)

5. Botamos o leite agre e o que queda de fariña, batendo ben para que quede todo integrado.

6. Enfariñamos ben os arandos e engadímolos á masa. (A fariña que nos sobre non fai falla engadila). Mesturamos de novo.

7. Untamos un molde cadrado con manteiga e forramos con papel de forno. Botamos a mestura, esparexemos o azucre e enfornamos a 175º durante uns 30 minutos ou ata que o escarvadentes saia limpo. E listo!

Este biscoito ten unha textura crocante na capa superior e é moi esponxoso por dentro. O leite agre fai que quede moi húmido e aguante así durante días. Se non tedes lima na casa, ou ben tedes limoeiro, limóns ou laranxas, podedes empregar calquera delas, pois o toque cítrico quedaralle ben sexa cal sexa a froita. Iso si, para facer o leite agre, precisaredes lima ou limón. Ademais, a fariña integral, aínda que moi recomendábel, pode ser substituída por fariña triga normal. Se queredes facer que as mañás, ata as dos luns, sexan máis levadeiras, probade a facer este saboroso biscoito caseiro.

________________________________________________

Lime and blueberries cake

I start to think that if I continue with the sponge cakes recipes, I will even have to change the name of the blog 😀 I love baking them, the smell they leave around the house, and my favourite part is having every morning a piece of homemade cake to make all days a little bit better! Although I love every single sponge cake recipe, I am very fond of those having fruit, because it allows you to adapt the same recipe to the seasonal fruits, and get a million of combinations. With lime and blueberries, you’ll get a cake with a sweet, salty, and citric flavour all at once. Let’s go!

Ingredients:

– 125 ml buttermilk (125 ml de leite + juice of half lime)
– 115 gr soft butter
– 215 gr sugar (minus 1 tbsp to top the cake before baking)
– 1 lime zest
– 1 egg
– 1 tsp vanilla essence
– 125 gr plain flour (minus 1 tbsp for the blueberries)
– 125 gr wholewheat flour
– 1 tsp salt
– 2 tsps baking powder
– 125 gr fresh blueberries

Step by step preparation:

1. If you don’t have buttermilk, prepare it by mixing the milk and the lime juice.

2. Then, mix butter, sugar and lime zest. (Keep one tbsp of sugar for later)

3. Whisk in egg and vanilla.

4. Mix flours, salt and baking powder and add half of it to the mixture. (Remember to keep a tbsp for later)

5. Whisk in buttermilk and the other half of flour mixture.

6. Flour the blueberries and add them to the batter. (The rest of the flour is not added)

7. Butter the mould and place a baking sheet on top. Pour the batter, top with sugar and bake at 175º for around 30 minutes or until a toothpick inserted in the center comes out clean. And that’s it!

This cake has a crunchy texture on top and it is super moist on the inside. Buttermilk makes every cake super spongy, and it will last like that for many days. If you don’t have lime, you can use lemon or orange. And if you don’t have or can’t find wholewheat flour, you can use plain flour, though I love the flavour and the texture this flours provides. If you try this cake for breakfast, even Mondays will suck less 😛

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.