Empanadiñas de atún / Tuna pies

Empanadiñas de atún

Xa é a segunda vez que preparo esta receita para o blogue, mais desta vez cambiei algo os ingredientes para darlle un toque máis orixinal, e para axudar a que a cativada coma verduras sen decatarse. Estas empanadiñas de atún son lixeiras, van feitas ao forno, polo que non levan aceite de máis, e ademais saben de marabilla!!! Que é o máis importante! Ademais, veremos como pechar as empanadiñas dun xeito distinto, que de seguro vos recordará ás empanadiñas arxentinas, que é moi sinxelo de facer e que fai que queden unhas empanadiñas ben feitiñas. A masa é moi fina e non se fai nada pesada, por iso é ideal para facer ao forno, ademais así non corremos o risco de que rompa e se nos escape a o recheo 🙂 Imos aló!

Ingredientes para unhas 12 empanadiñas:

– 12 obleas grandes para empanadiñas
– 1 cebola
– 2 latas de atún en conserva
– 2 ovos
– 1 cabaciña
– prebe de tomate

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cebola en anacos pequenos e fritimola nunha ou dúas culleradas de aceite de oliva.

2. A continuación, pelamos a cabaciña, relámola cun relador fino e fritímola xunto coa cebola. (A cabaciña dálle un toque moi suculento, fai que as empanadiñas queden máis húmidas, mais non lle dá ningún sabor extra, e os pícaros non notarán que estas empanadiñas levan verdura! Ademais, en canto comecen as cabaciñas a encher as nosas hortas, teremos que ter moitas receitas para dar conta deles!)

3. Abrimos as latas de atún, escorremos ben o aceite e engadímolo á tixola. E engadimos unhas 5 culleradas de prebe de tomate. A min non me gusta que leve prebe de máis, mais iso xa a gustos.

4. Cocemos os ovos, picámolos algo grandiños, para que se noten nas empanadiñas e engadímolos á mestura previa.

5. Colocamos as obleas e botamos unha cullerada de recheo en cada oblea.

6. Pechamos toda a empanadiña, apertando ben os bordes e comezamos a pechalas. Para iso, faremos o que se coñece como repulgue, comezando por dobrar unha punta cara dentro, e iremos repetindo este proceso ata que xa teñamos todo o repulgue feito. Vese mellor nas imaxes, mais para velo mellor, hai vídeos na rede onde se aprecia o proceso moi ben 🙂

7. Poñémolas na bandexa do forno e enfornámolas a 200º durante uns 15 minutos ou ata que vexamos que están torradas e cunha lixeira cor marrón. Hai quen lle bota ovo antes de enfornalas, mais a min gústanme máis así. E listo!

Como vedes, é unha receita rápida, sinxela e saudábel. Este é un dos recheos más típicos, mais coas empanadiñas é cuestión de probar e probar, e, sobre todo, de mesturar os ingredientes que máis vos gustan. En canto saen do forno, están deliciosas, mais ide con tino, que saen doentes e queiman moito. Ao día seguinte, xa máis frías, tamén están moi boas, polo que vos recomendaría deixar algunha para o día seguinte e tomar un almorzo un chisco distinto 😀

_________________________________________________

Tuna pies

I’ve already posted a tuna pies recipe, but I wanted to do one more changing a bit the ingredients and so trying to make the best tuna pie recipe ever! If you have kids around, you can use this recipe so they eat veggies without even realizing it, and the truth is that even adults won’t notice it. I decided to bake them instead of deep frying them to get a healthier option and they are super delicious!!! And I will show you how to close pies as Argentinians do. It’s very easy and they look super cute! Let’s go!

Ingredients for around 12 tuna pies:

– 12 pie wafers
– 1 onion
– 2 tins tuna
– 2 eggs
– 1 zucchini
– marinara sauce

Step by step preparation:

1. Chop onion and saute in 1 or 2 tbsp olive oil.

2. Then, peel zucchini, grate it and saute with the onion. (Zucchini gives the pies an extra moisturizing texture for them not to be so dry, and the flavour is not even noticeable).

3. Open the tuna tins, take out all the oil, and add it to the pan, together with around 5 tbsp marinara sauce. I don’t like adding a lot of sauce, but that’s up to you.

4. Boil eggs, chop and add to the mixture.

5. Place pastries and pour a tbsp of mixture over each one of them.

6. Close the pie, pushing the edges slightly. Then, we will start to do the repulgue, it consist of folding one of the corners of the pie towards the inside, and repeat this with the rest of the edge, until all the pie is fully closed. (It is a little difficult to explain, so you’d better have a look at the pictures, and in case of doubt, just look for a video on the net. It will really help!) 🙂

7. Place the pies on a baking sheet over a tray and bake at 200ºC/400ºF for around 15 minutes or until you see they’re slightly toasted and with a beautiful brown colour. If you like, you can egg wash them, but I like them this way. And that’s it!

As you can see, the recipe is quick, simple and healthy! This is one of the most typical fillings, but you can of course try to fill them up with your favourite ingredients, I’m sure they will be super delicious! As soon as they come out of the oven, they’re extremely hot, so, please, try not to burn yourselves, and keep some for the next day, don’t know why but the flavour changes from one day to the next 😀

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.