Sétima Etapa: Los Arcos
Seguimos co noso Camiño de Santiago prato a prato e facemos unha parada en Los Arcos (Nafarroa) para coller folgos e poder seguir camiñando a bo ritmo. Nesta localidade navarra, daremos boa conta dunha lambetada que tamén é moi famosa pola nosa terra, O LEITE FRITIDO. Sobre as súas posibles orixes ou onde comezou a facerse esta lambonada por primeira vez, non poderemos dar unha resposta con exactitude, mais a verdade é que pola súa elaboración e os ingredientes empregados, é unha receita desas tradicionais do norte da península, desas de toda a vida, que se facían en case tódolos fogares. Esta é a segunda vez que a fago e estou aínda máis contenta co resultado, polo que se tedes algo de tempo e estes ingredientes (que de seguro que si), non perdades a oportunidade de preparar esta marabilla de sobremesa.
Ingredientes:
– 500 ml de leite
– 60 gramos de fécula de millo
– 4 culleradas de azucre
– monda de mandarina
– 1/2 pau de canela
– fariña e ovo para rebozar
– azucre e canela en po
Preparación paso a paso:
1. Poñemos a ferver a metade do leite xunto coa monda de mandarina, o pau de canela e o azucre. En canto ferva, apagamos e deixamos que o leite infusione durante uns 10 minutos.
2. Na outra metade do leite, desfacemos os 60 gramos de fécula de millo.
3. Coamos o leite e mesturámolo co leite onde desfixemos o millo. Poñémolo a quentar a lume lento para que pouco a pouco vaia espesando.
4. Vertemos a mestura sobre un molde e deixamos que arrefríe.
5. Cortamos o leite fritido en anacos. (A min gústame máis que queden anacos ben gordiños, mais iso xa a gustos, depende tamén do molde onde o poñades a arrefriar).
6. Pasamos cada anaco por fariña e ovo.
7. Fritimos en abundante aceite ata que fique dourado por tódolos lados.
8. Nun prato, mesturamos o azucre e a canela e rebozamos ben cada anaco. E listo!
A min o leite fritido encántame acabada de facer, non ardendo, mais aínda quentiño. O feito de rebozalo en azucre e canela dálle un toque divino! Non sae unha ‘masa’ moi doce, polo que esta capiña exterior máis lambereteira quédalle moi, moi ben. Como vos dixen, eu adoito facer os anacos mais ben gordiños, porque me gusta que teña corpo, mais iso xa a gustos, recordade que a forma dependerá do envase onde a poñamos a arrefriar. Vémonos na seguinte etapa! Seguinte etapa: Viana.
____________________________________________________
Sétima Etapa: Los Arcos
We continue walking along The Way enjoying the delicious gastronomy we find and we stop in Los Arcos (Nafarroa). There, there are many typical dishes, but as I always have a sweet tooth, I wanted to repeat a recipe which I absolutely love and which is quite famous as well in Galiza: Leite fritido (literally FRIED MILK). About the exact origin of this dessert, there are many different explanations and places which claim they were the first ones. Hoewever, we can say this is made all throughout the north of Spain. It is a very simple sweet treat, delicious and quick! And you only need a few ingredients you always have by hand.
Ingredients:
– 500 ml milk
– 60 gr cornstarch
– 4 tbsp sugar
– 1 tangerine peel
– 1/2 cinnamon stick
– flour and egg for coating
– sugar and powdered cinnamon
Step by step preparation:
1. Boil 1/2 milk, tangerine peel, cinnamon stick and sugar. As soon as it starts boiling, turn the heat off and let the milk get all the flavours for around 10 minutes.
2. Mix the other 250 ml of milk with the cornstarch.
3. Drain the milk and mix with the other milk mixture. Then, heat it all over a medium heat until it begins to thicken.
4. Pour the mixture over a mould and allow to cool.
5. Dice fried milk. (I like big chunks, but you can do it as you like it, thinner or ticker).
6. Coat each dice in flour and egg.
7. Deep fry in plenty of olive oil until golden on all sides.
8. Mix sugar and cinnamon and coat each dice of fried milk. And that’s it!
The best way to have it is hot, because the texture is super soft in the inside and harder on the outside. The fried milk is not very sweet, so it is good to coat it in more sugar to have the perfect sweetness! Enjoy! See you in the next stage! Next stage: Viana.