Sándwich tricolor / Tricolour sandwich

Sándwich tricolor

Encántanme os sándwiches! Adoitan estar de vicio, prepáranse nun plis e ademais, pódense facer de case calquera cousa que teñamos pola cociña. Iso si, ás veces costa pensar que botarlle para dar coa combinación perfecta e que saiban ben. Este sándwich de tres cores descubrino grazas á miña recente paixón pola gastronomía de Korea, e foi un acerto total! Eu probei a facer dúas versións, a orixinal, con xamón cocido, e unha con salmón afumado, que resultou estar aínda máis saborosa!!! 😀 Se queredes facer unha versión sen carne e sen peixe, cambiaremos o xamón e o salmón por tomate picado, está suuuper rico!!! Se vos atrevedes a preparar este sándwich, de seguro que non vos ides arrepentir! É moi suave, case non hai que mastigar e faise moi cremoso, xa veredes! Imos aló!

Ingredientes:

– 1 cogombro
– 200 gramos de xamón cocido OU 200 gramos de salmón afumado
– 3 ovos
– maionesa
– mostaza
– pan de molde

Preparación paso a paso:

1. Cortamos o cogombro en pequenos cadrados. E poñemos os ovos a cocer.

2. Salgamos o cogombro e deixamos que repouse para que vaia botando auga.

3. Mentres, picamos o xamón cocido e o salmón afumado.

4. Envolvemos o cogombro picado nun trapo e apertamos ben para que escorra ben toda a auga e quede ben seco.

5. Engadimos 2 o 3 culleradas de maionesa sobre o xamón cocido picado e sobre o salmón afumado e mesturamos ben.

6. Sacamos as xemas dos ovos cocidos, picámolas ben e engadimos 2 culleradas de maionesa e media (ou unha) de mostaza. Mesturamos todo ben.

7. Agora que xa temos as nosas tres cores preparadas, só nos queda facer as capas do noso sándwich. Comezamos co amarelo das xemas, seguimos co verde do cogombro, e rematamos ou ben co xamón cocido ou ben co salmón afumado.

8. Poñemos a última capa e apertamos ben para que se integren ben os ingredientes no pan.

9. Cortamos as beiras do sándwich.

10. E a continuación cortámolo ao medio, para que nos quede ben chulo 🙂 E listo!

Aínda que pareza que leva moito tempo preparalo porque semellan moitos pasos, non vos pensedes que é unha receita complicada, de feito, se tedes picariños pola casa, poden botarvos unha man e facer de mini-chefs! O resultado é un sándwich bastante saudábel, moi cremoso e cunha combinación de ingredientes que casa de marabilla. O cogombro dálle un punto fresco, o ovo un punto cremoso e o salmón ou o xamón un sabor máis intenso. Este sándwich tricolor pasará a ser unha receita desas que sempre teredes a man e repetiredes de seguro! Bo proveito!!!

___________________________________________________________

Tricolour Sandwich

I love sandwiches! They are super delicious, you need little time to prepare them and, besides, you can almost prepare it with any ingredient you find around your kitchen! The thing is that sometimes we do not know any magic combination which always results in a delicious sandwich! I found out about this tricolour sandwich when I started to investigate more about Korean gastronomy, and if everything tastes like this sandwich, I will always be a huge fan!!! I tried the original version, with boiled ham, and one with smoked salmon, which is one of my favourite ingredients! And if you would like to prepare your own tricolour sandwich without any meat or fish, you can prepare it with chopped tomato, it’s very tasty!!! If you try this sandwich, I’m sure you will love every bite of it! It’s really smooth, creamy and full of flavour. Let’s go!

Ingredients:

– 1 cucumber
– 200 gr boiled ham OR 200 gr smoked salmon
– 3 eggs
– mayonnaise
– mustard
– sliced bread

Step by step preparation:

1. Chop cucumber in little squares. And boil eggs.

2. Salt and wait for cucumbers to sweat the extra water.

3. Meanwhile, chop boiled ham and smoked salmon.

4. Place cucumber over a cloth and drain until the cucumber is dried and you get all the extra water out.

5. Add 2 or 3 tablespoons of mayo over the ham and over the salmon and mix well.

6. Smash only the egg yolks together with 2 tablespoons of mayo and 1/2 or 1 of mustard. Mix all well.

7. Now that we have our three colours ready, we just need to prepare the different layers of our sandwich. First, the egg yolk mixture, then the cucumber one, and last, the ham or salmon layer.

8. Place the last bread slice on top and push it a bit so the ingredients are better integrated with the bread.

9. Cut all the edges.

10. And then, cut the sandwich in half, so we can see the 3 beautiful colours. And that’s it!

Although it looks like a difficult recipe with so many steps, nothing further for the truth, it’s very simple, quick and if you have kids at home, they can work as mini-chefs by helping you out. The result is a pretty healthy sandwich, fresh because of the cucumber, creamy because of the egg and the mayo, and flavourful because of ham or salmon. This tricolour sandwich has already become one of my favourites and one of those recipes I love doing at night when I get home after a long day at work. If you try it, you’ll repeat for sure! Enjoy!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.