Ramen de tofu / Tofu Ramen

Ramen de tofu

Quen siga un pouco este blogue tan lambereteiro, saberá de sobra o que desfruto e me gusta a comida oriental! Cando fun a Xapón, xa era moi seareira da súa gastronomía, mais non sabía eu a de pratos que aínda me quedaban (e me quedan) por probar! Un dos que máis me gusta porque creo que é un prato moi completo, ademais de nutritivo e perfecto para o inverno, é o ramen. As súas múltiples versións, fan que case non haxa ninguén no mundo a quen non lle guste, pois xa sexa de verduras, picante, con brotes de soia, con tenreira, porco ou polo, o ramen está sempre moi bo!!! Cando o probei por primeira vez en Xapón foi en Arashiyama e, como este, levaba tofu, así que tiña claro que a primeira vez que ía preparar ramen na casa sería así, con tofu. É unha receita moi sinxela, e por suposto case nada que ver co ramen de Xapón, mais si para quitar o antollo! Eu desfrutei moito facéndoo e é un prato que precisa que o fagamos con moito tempo e moito agarimo, e así sairá estupendo, xa veredes! Imos aló!!!

Ingredientes para 2 ramens:

– 2 culleradas de aceite de sésamo
– 2 dentes de allo picados
– 1 belisco de xenxibre fresco picado
– 1/2 cebola picada
– 1 litro de caldo vexetal
– 3 culleradas de prebe de soia
– 25 gramos de shiitakes deshidratados
– 2 culleradas ben cheas de miso branco
– 175 gramos de fideos para ramen
– 200 gramos de tofu
– fécula de millo para empanar o tofu
– 2 ovos

Preparación paso a paso:

1. Nunha pota, fritimos en dúas culleradas de aceite de sésamo o allo, o xenxibre e a cebola picados, e deixamos que se torren un chisco.

2. Cando xa estean no seu punto, engadimos o litro de caldo de verduras. Eu empreguei un litro de auga e desfixen nel unha pastilla de caldo concentrado de verduras.

3. Cando o caldo estea quente, engadimos os shiitakes deshidratados e mais as 3 culleradas de prebe de soia. (Esta cantidade dependerá do sabor máis ou menos forte que lle queirades dar ao ramen). Tapamos a pota e deixamos que coza todo a lume lento durante aproximadamente unha hora e cuarto.

4. Despois de pasado o tempo, engadimos as culleradas de miso branco e probamos de sal. (Coa cantidade de miso teremos que facer a proba como coa cantidade de soia, e engadir máis ou menos segundo o voso gusto). Tapamos de novo e deixamos que coza durante unha media hora máis, ou ata que acabemos de cocer os fideos e o tofu.

5. Mentres, imos preparando o tofu. Cortámolo en pequenos cadrados, escorréndoo e secándoo ben.

6. A continuación, enfariñámolo.

7. E fritímolo en 3 ou 4 culleradas de aceite de oliva ata que estea torrado e crocante por ambos lados.

8. Cocemos os fideos segundo se nos indique no envase. E poñemos a cocer tamén os ovos.

9. Para rematar, só temos que encher encher dúas cuncas co caldo do ramen (pasándoo por un coador) e despois colocaremos os fideos, o ovo cocido cortado pola metade, o tofu crocante e máis os shiitakes (a cebola e o xenxibre do caldo, tamén). E listo!

Se tedes a posibilidade de engadirlle ceboliño cortado en anacos, facédeo. Eu, como non tiven oportunidade de botalo fresco, non llo botei, máis quédalle moi ben e dálle un toque verde que lle queda de vicio! O ramen é un prato moi nutritivo, e ideal para estes días de frío e choiva, pois quenta o corpo que dá xenio! É un prato para o que se precisa algo de tempo e o mellor é adicarlle unhas horas e facelo con moito agarimo para que saia perfecto. As cantidades que aquí vos poño son as que eu emprego para facelo, mais como xa vos dixen no paso a paso, ide probando ata que deades co sabor que sexa do voso agrado. Servídeo moi, moi quente e non teñades medo de sorber os fideos, pois así o fan os Xaponeses 😀 Moi bo proveito!!!

_________________________________________________________

Tofu Ramen

If you are a follower of this blog, you’ll know for sure I am a huge fan of Japanese, Korean or Chinese food. When I went to Japan, I had already fallen in love with their cuisine, but I was surprised to discover the so many dishes we haven’t tried yet! One of my top favourite dishes of Japanese cuisine, and one of those that has become an international success is Ramen! The thing is you can have so many different kinds of ramen it is almost impossible you do not find one you like: veggies, spicy, pork, beef or tofu ramen. Yum yum! When I tried it for the first time it was in Kyoto, in Arashiyama, and it was a tofu ramen, so that is why I knew that the first time I do it at home it had to be a tofu one. It’s a very simple recipe, but you need time to prepare it. It’s a recipe you need to do with love and patience. And with these two ingredients, it will be one of the best ramens ever!

Ingredients for 2 ramens:

– 2 tbsp sesame oil
– 2 garlic cloves
– 1 pinch of rated fresh ginger
– 1/2 chopped onion
– 1 liter vegetable stock
– 3 tbsp soy sauce
– 25 gr dried shiitakes
– 2 tbsp white miso
– 175 gr noodles for ramen
– 200 gr tofu
– cornstarch to bread tofu
– 2 eggs

Step by step preparation:

1. In a pot, saute in two tbsp of sesame oil the garlic, ginger and onion until golden brown.

2. When cooked, add the vegetable stock. I used a liter of water with a vegetables stock cube.

3. When the stock is hot, add in shiitakes and soy sauce. (The amount of sauce will depend on the flavour you want to give to your ramen). Cover and simmer for around 1 hour and 15 minutes.

4. Then, add the white miso and e taste to see if we need to add more soy sauce or salt. Cover again and let simmer for half an hour more, or until we finish preparring tofu and noodles.

5. Meanwhile, let’s prepare tofu! Cut it in little squares and dry them well.

6. Then, flour them.

7. Fry tofu in 3/4 tbsp olive oil until golden and crunchy for both sides.

8. Cook noodles according to the packet. Boil eggs.

9. To finish it, we just need to pour the ramen soup (only the liquid) in the bowls and then, introduce the noodles and place the boiled egg in half, the tofu and the siitakes (together with onion, garlic and ginger). And that’s it!

If you have the possibility of adding some green onions, you can of course do it. I didn’t have the chance, so that’s why I haven’t used them, but it is highly recommended. Ramen is a very nutritious dish, and perfect for these rainy, cold and windy days we have lately. It’s a dish which needs time, but you won’t regret every single minute you spend cooking it. The best thing to prepare the perfect ramen for you is tasting it along the process and adding ingredients until you get the desired flavour. Remember ramen needs to be served veeery hot!!! Enjoy!

Comments are closed.