Torradas de té matcha
Despois da viaxe a Xapón, estaba claro que tocaba unha receita larpeira con té matcha, va que si? No hotel de Kyoto descubrín estas torradas feitas con té verde que nos poñían para almorzar e desde que volvín so tiña antollo de volvelas comer, así que o que me quedaba era preparalas na casa. A receita é moi sinxela e aínda que eu sempre as fago con pan de brioche para que sexan aínda máis lambonas, sempre podedes probar a facelas con pan duro, que tamén estarán boísimas! Imos aló!
Ingredientes:
– 400 gramos de pan de brioche
– 2 ovos
– 250 ml de leite
– 3 culleradas de azucre
– 7 ou 8 culleradas de té verde matcha
– manteiga
Preparación paso a paso:
1. Cortamos o pan de brioche en rebandas ben gordiñas e estas en 4 para ter uns cadrados xeitosos.
2. Mesturamos o resto dos ingredientes (agás a manteiga). A cantidade de té verde matcha depende do que vos guste.
3. Remollamos os cadrados de brioche na mestura de ovos durante uns minutos ou ata que vexades que xa están empapados.
4. Derretemos un bo anaco de manteiga na tixola e imos fritindo o brioche remollado ata que fique torrado polos dous lados. (Kukiconsello: recordade escorrer un pouco o mollo sobrante para que non nos caia por toda a tixola)
5. Para presentalas, podemos esparexer un pouco máis de matcha por riba e listo!
Que vos parece? Unha receita ben sinxela, rápida e…bufff, taaan saborosa!!! Non vos poderedes resistir a comer só unha. Están boas de tódalas maneiras, acabadas de facer aínda quentiñas, frías, ao día seguinte…en fin, non hai que poñer ningunha desculpa para meterlles o dente. E xa vedes que os ingredientes son moi doados de atopar e deses que calquera de nós ten pola casa.Se vos quedou pan duro ou algún boliño, aproveitade para facer esta mestura de té matcha e facer unha das larpeiradas máis saborosas que probei nunca!
_________________________________________________
Matcha French toast
After my trip to Japan, I knew the first sweet recipe was going to be one with matcha! So obvious! At the hotel we were staying in Kyoto, we had these super sweet and delicious matcha French toasts for breakfast, and when I came back home, I just couldn’t stop thinking about them, so if I wanted to taste them, I had to prepare them at home. The recipe is super simple, and though I always prepare them with brioche bread, you can always use stale bread, they’ll be so delicious you’ll immediately fall for them. Let’s go!
Ingredients:
– 400 gr brioche bread
– 2 eggs
– 250 ml milk
– 3 tbsp sugar
– 7 or 8 tbsp matcha green tea
– butter (for cooking)
Step by step preparation:
1. Cut brioche in very thick slices and then these slices in 4.
2. Mix the rest of the ingredients (except butter). The amount of matcha depends on how matcha-y you want your toasts to be.
3. Soak brioche into the egg mixture for some minutes or until you see they’re fully soaked.
4. Melt some butter in a pan and fry the brioche until it looks toasted on both sides. (Kukitip: remember to take out the excess of batter when frying them, so you don’t see matcha mixture all over the pan).
5. To serve them, sprinkle some more matcha tea on top and that’s it!
What do you think? Yummy, right? These matcha French toasts are simple, quick…and oh so delicious! You won’t eat just one, it’s impossible! You can have them hot or cold, and anytime is a good time to have one…or two! 😀 So if you have some stale bread around, or any other pastry, try this extra tasty recipe and you’ll get one of the most delicious recipes I have ever tasted! Enjoy!!!