Tacos
Estaba desexando atopar tortillas para facer tacos e non había maneira. Mais hai uns días mirando pola zona internacional do supermercado, vin unhas tortillas crocantes para tacos que me tiñan moi boa pinta (e sen aceite de palma, que xa é tamén algo raro). Así que pensei…adxudicadas! Desta vez vai! E non foi só unha vez, xa van dúas ou tres! 😀 Que bos están!!! Estou escribindo a receita, e xa me está entrando unha fame…vaia, fame…máis ben antollo de tacos outra vez! Xa veredes que ingredientes máis sinxelos e que resultado tan espectacular! Imos aló!
Ingredientes para 8 tacos:
– 250 gramos de carne de tenreira
– 1/2 cebola
– 1/2 pemento vermello
– prebe de tomate
– prebe picante
– leituga
– tomates
– queixo relado
– aguacates, lima e aceite de oliva
– tortillas crocantes para tacos
– queixo parmesano (opcional)
Preparación paso a paso:
1. Picamos a carne, salgamos e engadimos as especias que queiramos. Eu empreguei un botiño de especias mexicanas que lle quedaba moi ben 😉
2. Cortamos a cebola e o pementos en cadradiños e fritímolos xunto coa carne. Engadimos tamén o prebe de tomate e un pouco de prebe picante para darlle un toque mexicano.
3. Por outra banda, cortamos o tomate en dados e a leituga en tiras.
4. Na picadora, botamos o aguacate, un chorro de zume de lima e outro de aceite de oliva e mesturamos ata ter unha crema de aguacate ben cremosa.
5. Quentamos as tortillas crocantes para tacos no forno a 125 graos durante uns 15 minutos e a enchelas!
6. Comezamos coa carne e o queixo relado.
7. A leituga en tiras.
8. O tomate en dados.
9. E a crema de aguacate. Repetimos a operación con tódolos tacos.
10. Esparexemos un chisco de parmesano relado por riba e listo!
Sinxelo, va que si? Eu xa os fixen máis dunha vez, tamén con outras carnes, ou incluso con soia texturizada ou tofu. O aguacate dálle un toque fresco que lle queda moi ben, sobre todo se lle botades algo de picante á carne. O queixo relado que sexa ben suave, eu empreguei mozzarella relada e a verdade é que lle quedaba moi ben, desfíxose decontado e dáballe moita suavidade á carne. Polo demais, o que sempre vos digo, probade cos vosos ingredientes favoritos e a gozar!!! Bo proveito!
________________________________________________________
Tacos
I was so looking forward to finding tortillas to prepare tacos that the first time I saw them in the supermarket, I didn’t think twice! These ones are crispy and you need to heat them up for a while in the oven. Its flavour is delicious and I love the crunchy texture! I was already a tacos-lover, but I have never prepared them at home before because I couldn’t find the tortillas. As I am writing this, I feel like having them again right now! So yummy!!! And the best of everything, you’ll find this recipe very simple. Let’s go!
Ingredients for 8 tacos:
– 250 gr beef
– 1/2 onion
– 1/2 red bell pepper
– marinara sauce
– hot sauce
– lettuce
– tomatoes
– grated cheese
– avocados, lime and olive oil
– crunchy tortillas for tacos
Parmesan cheese (optional)
Step by step preparation:
1. Mince meat, salt and add your favourite Mexican spices.
2. Chop onion and pepper and fry them with the meat. Add marinara sauce and some hot sauce so we give it a Mexican touch 😉
3. On the other hand, cut lettuce in stripes and tomatoes in squares.
4. In a food processor, process avocado, lime juice and olive oil. Mix until you get a really soft and creamy texture.
5. Heat the crunchy tortillas in the oven at 125ºC / 250ºF for 15 minutes and let’s fill them up!
6. Start with meat and grated cheese.
7.Then lettuce.
8. Chopped tomatoes.
9. And last, avocado cream. Repeat all the step until all tacos are prepared.
10. Sprinkle Parmesan cheese on top of all the tacos and that’s it!
Simple, right? I’ve already prepared them more than once, and you can of course prepare it with any other meat you like, such as chicken, or tofu. Avocado, lettuce and tomatoes give these tacos a super fresh flavour which will contrast with the hot flavour of meat. If you want a softer flavour, use a soft cheese such as mozzarella, it will melt deliciously! Try them with your favourite ingredients and you won’t be disappointed! Enjoy!!!