Rolos de carne con verduras / Steak and veggies rolls

Rolos de carne con verduras

Esta receita de rolos de carne con verduras resulta unha receita moi orixinal, divertida, moi sabedeira e, sobre todo, saudábel! 😀 O tipo de carne empregado ou o recheo pode variar, xa sabedes que o mellor é probar ata atopar a maneira que máis vos guste. Nós acompañamos este prato cunhas patacas ao forno con prebe picante, mais estou segura de que unhas Jacket potatoes habían facer un dos mellores acompañamentos. É un prato moi socorrido e que campa moi ben, xa veredes que sinxelo! Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– uns 400 gramos de solombo de tenreira ou porco
– 1/2 pemento vermello (ou 1 se é pequeno)
– 1/2 cabaciña
– 1 cenoria
– especias variadas, pementa e sal
– escarvadentes para pechar os roliños
– prebe de soia (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as verduras en tiras e engadimos sal e especias variadas.

2. Fritímolas ata que estean algo cociñadas, máis que non se abranden de máis.

3. Por outra banda, cortamos os solombos en filetes lixeiramente finos e adubamos.

4. Collemos un filete e poñemos unhas cantas verduras.

5. Enrolamos as verduras coa carne e pechamos cun escarvadentes.

6. Fritimos os rolos na tixola cunha culleradiña de aceite de oliva e listo!

Se vos gusta o prebe de soia, cando a carne xa estea case a punto, subide o lume, engadide algo de soia, remexede ben para que empape os anacos por tódolos lados e apagade o lume. A mín encántame o toque que lle dá! As verduras podedes varialas segundo a tempada, as que teñades na horta ou as que máis vos gusten, coma sempre. Desta maneira, a carne queda moi zumarenta por dentro grazas ás verduras. Aínda que estes rolos os fixemos fritidos, tamén se poden facer na grella ou no forno. Experimentade e xa nos contades! 😉

________________________________________________

Steak and veggies rolls

These steak and veggies rolls are a very funny, tasty and healthy recipe! 😀 You can use all the types of meat you have around, and the filling may vary depending on what your favourite veggies are. We had these rolls with some baked potatoes with hot sauce, but I’m sure that Jacket potatoes would make one of the best side dishes ever! It’s a very simple dish and you looks really good! Let’s go!

Ingredients for 2:

– around 400 gr beef or pork sirloin
– 1/2 red bell pepper (or 1 if it’s small)
– 1/2 zucchini
– 1 carrot
– spices, salt and pepper
– toothpicks to close rolls
– soy sauce (optional)

Step by step preparation:

1. Chop veggies into strips and add salt and spices.

2. Sauté for a couple of minutes until they’re half-cooked and still crunchy.

3. On the other hand, cut sirloin steaks and marinade them with salt and spices.

4. Place a steak and put on some veggies.

5. Roll the steak and close with a toothpick.

6. Sauté with a tablespoon of olive oil until fully cooked and that’s it!

If you like soy sauce, when the steak is cooked, turn the heat up, add some soy sauce, mix well so all rolls get the soy sauce flavour, and then turn heat off. I love the flavour it gives to the rolls!!! You can change veggies according to season, use those you grown at your own house, or just those you like. I love the way meat gets so juicy on the inside thanks to these veggies! You can as well prepare them on the barbecue or in the oven! No matter how you do them, they’re delicious!!! Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.