Esta súper receita de mousse de chocolate vegana só leva dous ingredientes! E non, non leva nin ovo, nin fariña, nin azucre engadido. A textura xa vedes que é hiper esponxosa e cremosa, cun sabor intenso e unha sensación no padal como se lle deramos unha trabada a un anaquiño de nube. Ademais de ser unha receita apta para veganos, tamén o é para intolerantes ao ovo ou á fariña. Tampouco leva aceites nin manteigas. Vaia, que é a receita de mousse perfecta e si, só dous ingredientes. E un xa o sabedes, cal pode ser o outro? Non agardes máis para sabelo!
Xa había tempo que levaba vendo vídeos onde batían a auga de garavanzos que levan os botes estes de garavanzos cocidos, e resultaba que esta auga, chamada en inglés aquafaba, despois de batela coma se foran claras de ovo, comezaba a quedar como cando batemos as claras a punto de neve: cremosiña e branca. Así pois, probamos a facelo na casa a ver como resultaba!
Ingredientes:
– auga de garavanzos
– 200 gramos de chocolate
Preparación paso a paso:
1. Primeiro de todo, escorremos os garavanzos e gardamos a auga. (Gardade os garavanzos, que os empregaremos noutra receita! Ou senón podedes facer un saboroso hummus!)
2. Batemos a auga de garavanzos a tope ata que vexamos que están a quedar coma as claras a punto de neve.
3. Cortamos o chocolate en anacos, derretémolo e remexemos un chisco ata que a mestura estea algo máis morna e non contraste co frío da auga de garavanzos.
4. Mesturamos a auga de garavanzos e o chocolate desfeito moi pouco a pouco para que nos quede unha mousse ben esponxosa e poñémolas nos moldes onde a vaiamos papar.
5. Deixamos que arrefríe durante un mínimo de 3 horas e listo!
Tedes que probar esta mousse de chocolate, de verdade! É taaan sinxela, rápida, saborosa, cremosa, esponxosa… Teno todo, vaia! E só precisamos dous ingredientes! Cantas veces tirastes a auga dos garavanzos pensando que non valía para nada? Pois aquí tedes esta receita para non só empregala, senón para convertela nunha das lambonadas máis saborosas que probei! Xa sabedes, podedes probar co voso chocolate favorito, máis negro, con leite, chocolate branco, con sabores, ao punto de sal… en fin, imaxinación ao poder!
__________________________________________________________
Vegan chocolate mousse
You just need 2 ingredients to prepare this super recipe of vegan chocolate mousse! And you won’t need eggs, or flour or any added sugar! The texture is super spongy, creamy and fluffy. The flavour is intense and the texture in the mouth is like biting a piece of a cloud! Wow! Besides, it’s suitable for vegans, or those who are egg, lactose or gluten intolerant. And it has no oils or butters, which is always good. If you want to prepare the best mousse ever, buy these two ingredients and get ready to enjoy!
It’s been long since I saw a video for the first time in which they showed how you could prepare a chocolate mousse using aquafaba. And what is that? Aquafaba is the water you have in the cans of cooked chickpeas. The thing is that if you beat them like egg whites, you’ll get the same result! And it will form stiff peaks as well!!! Amazing!
Ingredients:
– aquafaba (chickpeas water)
– 200 gr chocolate
Step by step preparation:
1. First, drain chickpeas and keep water. (Keep chickpeas for hummus!)
2. Whisk aquafaba until it forms stiff peaks.
3. Chop chocolate, melt and mix until it gets colder and so the contrast of temperatures between chocolate and aquafaba is not so big.
4. Mix all very carefully trying not to overmix and pour over the moulds.
5. Refrigerate for, at least, 3 hours. And that’s it!
Please!!! Do yourselves a favour and try this delicous chocolate mousse!!! It’s so delicious, simple, quick, tasty, creamy…It has all a good recipe needs to have! And it’s good to have a better use for the chickpeas water rather than throwing it down the drain 🙂 And try with different types of chocolate, dark, white, with flavours, with a touch of salt… Enjoy!!!
Qué receita tan orixinal!! Paréceme unha boísima idea. Nunca pensei que a auga de garavanzos puidera servir para algo máis, e é incríble que non leve nada de azucre. Esta receita teño que probala 🙂
Moitísimas grazas Eva!!! Eu tamén quedei alucinada cando o vin por primeira vez e non me podía resistir a probalo! Hei probar con máis chocolates porque está de vicio!!! 😉