Rolos de pizza / Pizza wheels

Rolos de pizza

Xa había tempo que vira milleiros de receitas destes rolos de pizza e a verdade é que quería preparalos si ou si. Mais tamén teño que confesar que eu pensaba que o sabor ía ser moito máis semellante ao da pizza e non me ía sorprender demasiado. E foi todo o contrario!!! Quedan moi suaves, esponxosos, cremosos…bufff!!! Se erades un chiso escépticas coma min, facédeme caso e probade estes rolos de pizza! Son espectaculares! E iso de comelos así coas mans sen queimarse nin nada é unha gozada!!! En canto aos ingredientes, engadide aqueles polos que máis devezades. Eu hoxe fun ao seguro e non fallei 😉 Imos aló!

Ingredientes:

– masa de pizza caseira (receita aquí)
– mozzarella
– pepperoni
– touciño
– ourego
– prebe de tomate

Preparación paso a paso:

1. Estiramos a masa de pizza co rolo de amasar para que quede ben estiradiña e esparexemos o prebe de tomate cun chisco de aceite de oliva e ourego.

2. Despois engadimos o restos dos ingredientes: mozzarella, pepperoni e touciño.

3. E comezamos a enrolar ata ter un rolo de pizza.

4. Para cortar os rolos de pizza empregaremos un fío ou fío dental. (Eu empreguei fío dental porque me parece más limpo e non solta pelusiñas, mais un fío tamén pode valer). Sobre todo, non empreguedes un coitelo, ou romperá todo. Comezamos pasando o fío por debaixo do rolo, poñéndoo segundo o anchos que queiramos facer os rolos, e pasámolo por riba, cruzando cada lado.

5. Agarramos cada lado do fío e, con forza, apertamos forte e…tachán! O rolo quedará perfectamente cortado. Se hai algún anaco do touciño que non quedou cortado de todo, cortámolo cun coitelo ben afiado.

6. Colocamos os rolos na bandexa do forno e deixamos que a masa medre durante unha media hora nun sitio morno. Kukiconsello: pon o forno a 50 grados durante uns minutos, apágao e deixa alí os rolos para que medren ao quente.

7. Cando a masa xa estea súper esponxosa, prendemos o forno a 180ºC e enfornamos os rolos de pizza durante uns 15-20 minutos ou ata que vexades que xa están no seu punto. E listo!

Que? Non me digades que non son para tolear! É pensar neles e case caerme a baba…que sabor e que textura!!! E non, non é como tomar unha pizza, é moito mellor! E deixando a masa medrar no forno antes de enfornalos fai que queden moito máis esponxosos e aínda máis saborosos. Veña, bulide, a que estades agardando para namorarvos destes rolos de pizza? E xa son a súa seareira número 1!!! Por certo! Que rico queda o pepperoni na pizza 😀

________________________________________________________

Pizza wheels

It’s been long since I’ve seen pizza wheels recipes all over the internet and I knew I wanted to prepare them for sure. What I didn’t know at the time was that the flavour would be so different from pizza. I thought they would taste the same and that I wouldn’t be surprised. But it happened just the opposite! I love pizza, but these pizza wheels are to die for!!! They’re super spongy, fluffy, flavourful…bufff! They are amazing!!! If you thought they were rolled pizza (as I did), you were complete wrong (as I was!). No matter what ingredients you use, the result will be as delicious! I used the ones I liked the most and I loved it! Let’s go!

Ingredients:

– homemade pizza dough (recipe here)
– mozzarella
– pepperoni
– bacon
– oregano
– marinara sauce

Step by step preparation:

1. Roll your homemade pizza dough with a rolling pin and spread marinara sauce, oregano and a dash of olive oil.

2. Then, add the rest of the ingredients: mozzarella, pepperoni and bacon.

3. Roll the pizza!

4. To cut the pizza wheels, we need a thread or some dental floss. (I used dental floss because I find it cleaner than a thread and you won’t find any fluff around, but you can use a thread as well). The most important thing is you should never ever use a knife or your wheels will be totally destroyed! Pass the floss under the roll and cross it on top.

5. Take both sides of the floss strongly, pull quickly and…ta-daaah!!! The wheel will be perfectly cut. If you find some bacon strip which is not cut well enough, use a sharp knife.

6. Place wheels on the baking tray and allow the dough to leaven for, at least, 30 minutes in a warm place. Kukitip: heat the oven for some minutes at 50ºC, then turn it off and place the wheels inside.

7. When the wheels are super fluffy, heat the oven at 180ºC/365ºF and bake them for 15-20 minutes or until you see both the dough and ingredients are fully cooked. And that’s it!

They look so good, don’t they? It’s just thinking about it and feeling like eating them once and again! The texture is super spongy and the mozzarella is so beautifully melted on the inside. If you have time, please, let the dough leaven for a while for an even fluffier result! C’mon! Lose no time and get ready to try the best pizza wheels ever! I’m already a huge fan, what are you waiting for? 😛 BTW! Pepperoni highly recommended.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.