Mariñeiras con tartar de salmón
Se nunca probastes estas saborosas galletas mariñeiras, non agardedes máis! Teñen un sabor moi intenso, son súper crocantes (algo que me encanta!) e o mellor de todo é que son galegas!!! Son perfectas para preparar petiscos e de aí xurdiu esta idea! As mariñeiras con tartar de salmón son un petisco saudábel, saboroso, rápido e que campa que rabea! Non me diredes que non son bonitiñas, non si? 😀 Pois aínda saben mellor!!! Só precisaremos uns 5 minutos para preparar todo. Imos aló!
Ingredientes para unhas 10/12 mariñeiras:
– 200 gramos de salmón
– 1/2 cebola
– 1/2 cogombro
– 2 culleradas de sementes de sésamo
– 1 cullerada de zume de lima
– 1 cullerada de prebe de soia
– 1 culleradiña de aceite de sésamo
– 1 culleradiña de aceite de xirasol
– 10/12 mariñeiras daveiga
Preparación paso a paso:
1. Cortamos o salmón en cadrados.
2. Picamos a cebola.
3. E o cogombro.
4. Botamos todo enriba do salmón xunto coas sementes de sésamo, o zume de lima, a soia, o aceite de sésamo e o aceite de xirasol. Remexemos ben e axudándonos de dúas culleres, imos poñendo o tartar de salmón sobre as mariñeiras. E listo!
Como xa vos dixen, estas mariñeiras son moi crocantes e o mellor é que despois dun tempo tendo o tartar enriba, aínda seguían estando crocantes, algo que me gusta moito, pois tomar un petisco coa base húmida non me gusta nada. Estas que empreguei eu eran a variedade con aceite de oliva virxe extra, mais hai especiais para petiscos, por se queredes probar. Estou segura de que con calquera delas estará de vicio! O tartar de salmón está de vicio e poder tomalo así dunha trabada e coas mans é un verdadeiro pracer. Xa vedes que se fai máis axiña do que vos levará ler a receita 🙂 Así que animádevos e xa veredes como repetiredes! Bo proveito!!!
_________________________________________________
Mariñeiras with salmon tartare
If you have never tried these super delicious biscuits before, you definitely should. Their flavour is super intense, extra crunchy and, the best of all, they’re Galician!!! You can use these biscuits for many different recipes, but they are perfect to prepare snacks. These mariñeiras with salmon tartare on top are healthy, quick, tasty and they look reeeally good, don’t they? And you know what? They taste even better!!! If you have 5 minutes, you0ll have this snack ready to eat! Let’s go!
Ingredients for around 10/12 mariñeiras:
– 200 gr salmon
– 1/2 onion
– 1/2 cucumber
– 2 tbsp sesame seeds
– 1 tbsp lime juice
– 1 tbsp soy sauce
– 1 tsp sesame oil
– 1 tsp sunflower oil
– 10/12 mariñeiras daveiga
Step by step preparation:
1. Dice salmon.
2. Finely chop onion.
3. And cucumber.
4. Mix all chopped ingredients with salmon together with sesame seeds, lime juice, soy sauce, sesame oil and sunflower oil. Using two teaspoons, place the salmon tartare carefully on top of the mariñeiras. And that’s it!
As I have already told you, these biscuits are super crunchy, even after some time with the tartare on top, they were as crunchy! It’s something I really like ’cause I hate those biscuits which end up being soft :S I used the ones made with extra virgin olive oil, but I’m sure whatever variety you use will be super delicious as well. Salmon tartare is an incredibly tasty dish, and if you have the chance of having it on top of these delicious biscuits, you’ll fall for them! The recipes is very quick and the result is amazing! Enjoy!!!