Panellets

Panellets

panellets

A semana pasada, puxemos unha receita do Día de Tódolos Santos típica da Galiza (os Ósos de santo) e esta semana toca un doce típico destas datas en Catalunya. Os panellets son deses doces que en canto asoma outubro, non deixas de ver en tódalas pastelarías e mercados. Os caseiros acostuman a costar uns 40 euros o kilo e hainos de moitos sabores. É un doce bastante calórico, cousa que viña moi ben porque, antigamente, na noite do Día de Defuntos adoitábase tocar a campá toda a noite, polo que a maioría dos veciños facían vixília. Así pois, precisaban de moita enerxía para aguantar espertos toda a noite. Ademais, como xa ben sabemos, son datas onde o tempo xa é frío abondo, e non? E que ben viña unha lambonada ao carón da lareira! Sen máis historias, dicirvos que vos deixo a receita de dous tipos de panellets: os panellets de piñóns (panellets de pinyons) e os panellets de marmelo (panellets de codonyat). Imos aló!

Ingredientes para uns 30 panellets (15 de piñóns e 15 de marmelo):

– 1 pataca duns 130-150 gramos
– 250 gramos de améndoa moída
– 250 gramos de azucre
– 150 gramos de piñóns
marmelo caseiro
– 1 ovo

Preparación paso a paso:

1. Cocemos a pataca no microondas ata que estea brandiña e facemos un puré co garfo.

panellets

2. Engadimos o azucre e maila améndoa e mesturamos coas mans ata que teñamos unha masa compacta, coma se foran mazapáns.

panellets

panellets

3. Facemos boliñas duns 20 gramos cada una.

panellets

4. Para os panellets de piñóns, separamos a clara da xema e bañamos o panellet na clara.

panellets

5. E despois, imos pegando os piñóns por toda a boliña, apertando ben para que non se solten.

panellets

6. Para os de marmelo, faremos un buratiño co dedo e poñeremos alí un anaco de marmelo.

panellets

7. Botamos xema de ovo polos panellets de piñóns e de marmelo.

panellets

8. E enfornamos a 160 graos durante uns 15 minutiños ou ata que vexamos que collen unha lixeira cor douradiña. E listo!

O paso a paso é moi sinxelo. O que leva máis tempo facer é ‘pegar’ os piñóns no panellet! Se descubrides algunha maneira de facelo máis sinxela e rápida, xa me contaredes, porque eu provei de moitas e ao final sempre rematei incrustándoos na masa e punto 😀 Para todos aqueles que devezades polos mazapáns ou a torta de santiago, estes panellets hanvos encantar! Teñen un intenso sabor a améndoa e ademais, os piñóns e o marmelo dánlle un toque excepcional! Aínda que non sexan tan coñecidas como as lambonadas doutras épocas do ano, as lambonadas do Día de Defuntos tamén son moi interesantes.

__________________________________________________

Panellets

panellets

Last week, I started the Halloween-special-recipes series of this year! The first one, Ósos de santo (saint’s bones) is one of the most typical recipes from Galiza. This week we are moving to Catalunya to show you how to make these delicious little sweets called Panellets. As soon as October makes its cold appearance, you can see panellets in every single bakery! Homemade panellets cost around 40 euros/kilo and there are multiple flavours! I must confess it’s not a healthy sweet treat and you’ll need plenty of sugar to prepare them. But their caloric value is high for a reason. In the past, people used to spend all Halloween’s nigh awake and the weather was very cold, so these panellets were an excellent source of energy. Though you may find many different types of panellets, I’ll show you how to prepare two varieties: panellets with pine nuts (panellets de pinyons) and panellets with quince jelly (panellets de codonyat).

Ingredients for around 30 panellets (15 of each type):

– 1 patato of around 130-150 gr
– 250 gr grounded almond
– 250 gr sugar
– 150 gr pine nuts
homemade quince jelly
– 1 egg

Step by step preparation:

1. Cook potato in the microwave until soft and make a puree.

panellets

2. Add sugar and almond and mix until you get a fim dough ball.

panellets

panellets

3. Form little balls of around 20 gr/each.

panellets

4. Separate the egg yolk from the white. To make pine nuts ones, dip balls into the whites.

panellets

5. And then, stick pine nuts to the panellet, pushing well so they don’t escape 😉

panellets

6. For the quince jelly ones, make a hole in the middle and add some quince jelly on it.

panellets

7. Beat egg yolk and dip panellets.

panellets

8. Bake at 160ºC/300ºF for 15 minutes or until you see they get a light golden brown colour. And that’s it!

The step by step is very simple! The only difficult thing of this recipe is having to stick pine nuts to the panellets, but youc an count on your little ones to give you a hand! For all those who love marzipan or the Royal cake, you’ll instantly fall for these panellets! It’s true that traditional Halloween recipes are not so known as other recipes, but they are really interesting and delicious!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.