Almorzo saudábel / Healthy breakfast

Almorzo saudábel

Healthy breakfast

Chegou setembro e con el, a fin das vacacións, da praia, dos paseos polo monte, do descanso… E iso nótase na nosa enerxía! Comezan as presas e, moitas veces, comezamos a descoidar a nosa alimentación. Sempre din iso de que o almorzo é a comida máis importante do día, mais sexa ou non, o caso é que un almorzo saudábel e completo hanos dar moita máis enerxía que un café ou un chocolate con boliños. E o mellor é que, agás a torrada, o resto podémolo deixar preparado o día anterior pola noite. Imos aló!

Ingredientes:

Para o zume
– 3 laranxas
– 2 cenorias
– auga
– xenxibre moído

Para o vaso de sandía
– uns 300 gramos de sandía
– 4 ou 5 anacardos (ou outros froitos secos)
– alfábega fresca

Para a torrada
– 1 rebanda de pan integral
– 1 tomate
– sal e aceite
– sésamo negro
– sementes de liño e papoula
– ourego

Preparación paso a paso:

1. Comezamos exprimindo as laranxas. Pelamos as cenorias, cortámolas en anacos pequenos e coa batedora, facemos un puré. Coámolo e quedámonos co zume, que mesturamos co das laranxas. Engadimos xenxibre moído ao gusto.

2. Cortamos a sandía en cadradiños, engadimos os froitos secos e unhas tiriñas de alfábega fresca.

3. Torramos unha rebanda de pan, refregamos o tomate, e engadimos sal e aceite. Esparexemos o sésamo e as sementes.

E listo! Non sabedes o ben que casan a alfábega e a sandía! E o zume está de vicio!!! Ademais, podedes deixalo preparado e así non teredes tanta nogalla de preparalo pola mañán e perder eses tan prezados minutos de sono! Xa non hai desculpas, con este almorzo saudábel, teremos enerxía para pasar unha xornada de traballo do máis levadeira posíbel.

_____________________________________________

Healthy breakfast

Healthy breakfast

September has finally arrived, and with it, we say goodbye to summer time, hiking, beacher, sunseeking, relaxing… And we start to feel a little bit low. We’ve got less time and more work, and so we end up eating whatever we have around, and this is not always the healthy option. Breakfast is a very important meal of our day, and we usually have some coffee or chocolate with pastries, definitely not healthy at all! This breakfast is a perfect one, and except the toast, we can prepare everything the previous night. Let’s go!

Ingredients:

For the juice
– 3 oranges
– 2 carrots
– water
– powdered ginger

Watermelon cup
– around 300 gr watermelon
– 4 or 5 cashews (or any other nuts)
– fresh basil

Toast
– 1 wholemeal bread slice
– 1 tomato
– salt and olive oil
– black sesame
– flax and poppy seeds
– oregano

Step by step preparation:

1. Squeeze oranges. Peel carrots, chop them and make a puree. Then, strain the puree and mix the carrot juice with the orange one. Add ginger and taste.

2. Cut watermelon in squares, add nuts and some chopped basil.

3. Toast bread, rub the tomato and add salt and oil. Sprinkle some semase, flax and poppy seeds.

And that’s it! Basil and watermelon taste so good together! And what about the juice? Its flavour is super sweet, and no sugar’s been added! Besides, you can prepare it beforehand, and avoid losing some precious minutes in the very morning 😉 No excuses!!! With this super healthy breakfast we will have energy to make our work day more than bearable!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.