Aros de cebola / Onion rings

Aros de cebola

aros de cebola

Se sempre quixeches atopar a receita perfecta duns crocantes, rápidos e saborosos aros de cebola, a túa busca rematou! Con ingredientes moi sinxelos e sen ovo, poderedes facer uns aros de cebola de auténtico vicio! Deses cun rebozado gordiño, moi crocante e ben douradiño que por dentro fican brandiños, zumentos e cheos de sabor! Deses que sempre pensaches que na casa non saían e que os do restaurante saben mellor… iso acabouse! Eis a receita definitiva!!! Imos aló!

Ingredientes:

– 2 ou 3 cebolas
– fariña
– ourego, sal e pemento doce
– fermento químico
– auga
– panko ou pan relado
– aceite para fritir

Preparación paso a paso:

1. Cortamos a cebola en ariños procurando que queden algo gordiñas, de aproximadamente 1 cm de ancho.

2. Mesturamos fariña, sal, ourego e o pemento e pasamos os aros por esta mestura.

3. Despois, engadimos auga ata formar unha masa coma a das chulas e engadimos unha cullerada de fermento químico. Mesturamos todo ben e pasamos os aros por esta masa.

aros de cebola

4. E a continuación, empanámolos co pan relado ou co panko. Kukiconsello: Eu fíxeno con ámbolos dous ingredientes. Comecei co panko, mais como non tiña máis, empreguei tamén pan relado. Para min, co panko quedaban moito mellor: crocantes por fora e brandiños por dentro.

aros de cebola

aros de cebola

5. Fritímolos en abundante aceite quente ata ficaren ben douradiños. E listo!

aros de cebola

aros de cebola

O certo é que están tan bos que non lles fai falta moito máis, mais se sodes dos que vos gustan os mollos, tanto de mostaza con mel, romesco, mahonesa como prebe cesar hanlle acaer moi ben. Á mestura de fariña, podedes engadirlle outras especias, eu como son moito de ourego, foi o que lle engadín, mais vós podedes escoller o que máis vos guste. E mesmo lle podedes engadir queixo en po ao pan relado e facelos aínda máis larpeiros!!! Bo proveito! 😉

__________________________________________________

Onion rings

aros de cebola

If you’ve always wanted to prepare the perfect onion rings recipe, those which are crunchy, crispy and golden on the outside; but juicy, soft and smooth on the inside, this is the recipe you’ve been looking for! If you have already tried preparing homemade onion rings, but you were not quite happy with the result and you still prefer those you eat at a restaurant, you will definitely make up your mind. This recipe is the best EVER! Let’s go!

Ingredients:

– 2 or 3 onions
– flour
– oregano, salt and sweet paprika
– baking powder
– water
– panko or breadcrumbs
– oil to fry

Step by step preparation:

1. Cut onions in rings of about 1 cm wide.

2. Mix flour, salt, oregano and paprika and coat rings.

3. Then, add water and a tbsp of baking powder, mixing all very well. Dip rings in this mixture, trying to covered them completely.

aros de cebola

4. After that, coat them in panto or breadcrumbs. Kukitip: I tried both panko and breacrumbs, and for the best result, I would definitely recommend panko, crunchier on the outside and softer ont he inside.

aros de cebola

aros de cebola

5. Deep fry in plenty of hot oil until golden brown. And that’s it!

aros de cebola

aros de cebola

The truth is that they’re so delicious, you don’t need anything else, but if you’re a fan of sauces, you can prepare some honey and mustard, romesco, caesar, or mayo. You can adda ny other spices you want to the flour mixture, I used oregano because it’s one of my favourites. And if you like cheese, add some parmesan or any other powdered cheese to panko and add a cheesy touch to this yummy onion rings! Enjoy!!! 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.