Espaguetes de mar crocantes / Crunchy sea spaghetti

Espaguetes de mar crocantes

espagueti de mar

Segunda receita coas nosas incribles algas! Temos unha chea de recursos gastronómicos e as algas son aínda descoñecidas para a maioría de nós, mais pouco a pouco vanse introducindo nas nosas receitas e o certo é que ben o merecen. Esta receita saqueina da páxina de Portomuiños que, como supoño que saberedes, é unha marca galega que vende algas por tooodo o mundo. Para esta receita, a alga escollida son os espaguetes de mar e o paso a paso non pode ser máis sinxelo. Xa veredes, tan poucos ingredientes e uns pasos tan sinxelos nunca deron unha receita taaan saborosa. En canto ao sabor, non vos sabería dicir moito como é, o que sí vos podo dicir é que TEDES QUE PROBALAS PORQUE ESTÁN BOÍÍÍÍÍÍSIMAS!!!!!! Non vos enredo máis, imos aló!

Ingredientes:

– 25 gramos de espaguetes deshidratados
– fariña
– sal
– aceite para fritir

Preparación paso a paso:

1. O primeiro que temos que facer é hidratar as algas. Recordade que o seu tamaño aumenta ata 10 veces, polo que estes 25 gramos serán uns 250 cando xa estean hidratadas. Para hidratalas, poñerémolas nun cunco con auga salgada durante uns 10 minutos, escorremos e poñémolas de novo a remollo con auga sagada durante outros 10 minutos.

espagueti de mar

2. Escorremos os espaguetes de mar.

espagueti de mar

3. Enfariñámolos.

espagueti de mar

4. E fritímolos en abundante aceite. Cando as botemos na tixola onde as vaiamos fritir, veremos que ao principio saen moitas burbulliñas, en canto paren de ‘ferver’ e xa asomen pola superficie tranquiliñas, será que xa están no seu punto!

espagueti de mar

5. Poñémolas sobre papel de cociña e esparexemos máis sal (se é preciso). E listo!

espagueti de mar

Moito ollo!!! Son moooi aditivas! O día que as fixen, fíxenas como petisco dunha fermosa tortilla de patacas, pois mentres a facía, comecei a petiscar nas algas, e por pouco a única que as probo son eu! Menudo vicio!

________________________________________________________

Crunchy sea spaghetti

espagueti de mar

Another seaweeds recipe! Here in Galiza, we’ve got lots of delicious and interesting products which we can use to prepare tasty recipes, seaweeds are yet a not very common or known product for the wide public, but, fortunately, this is changing and it has becoming more widely used. I took this recipe from the webpage of Portomuiños, the Galician brand which exports Galician seaweeds all over the world. For this recipe, I used sea spaghetti, which I have never used before. And after giving them a try, I must admit it won’t definitey be the last time. A few ingredients and some simple steps have never given as a result a so incredibly tasty recipe! I cannot describe its flavour, the only thing I can do is recommend you to TRY THEM RIGHT NOW BECAUSE THEY’RE FLAVOURFUL!!! Let’s go!

Ingredients:

– 25 gr sea spaghetti
– flour
– salt
– oil for frying

Step by step preparation:

1. The first thing to do is to hydrate the seaweeds. Remember their size increases up to 10 times its actual size, so 25 grams will more or less become 250 😉 To hydrate them, cover them with salted water for 10 minutes, drain and soak them for 10 minutes more.

espagueti de mar

2. Drain the spaghetti.

espagueti de mar

3. Flour them.

espagueti de mar

4. Fry them in plenty of oil. When starting to be fried, you’ll see some bubbles all around them. As soon as they stop, and you see the spaghetti floating over the oil, they’ll be ready.

espagueti de mar

5. Place them over some kitchen paper and add some salt, if needed. And that’s it!

espagueti de mar

Be careful!!! They’re extremely addictive!!! I did them as a snack while preparing a beautiful potatoes omelette, and while preparing it, I went on snacking some from time to time, and if I had any more time, I would have been the only one to try them 😀 What an addiction!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.