Barras de muesli / Granola bars

Barras de muesli

Barras de muesli

Cantas veces pensamos en poder ter a man un petisco que fose caseiro, saudábel, saboroso e que nos encha ben o papo para non ter fame 5 minutos despois? De seguro que milleiros de veces, verdade? Pois a busca rematou! Estas barriñas de muesli son perfectas para cando nos entra a fame a deshora, para levar ao traballo ou cando temos un antolliño doce. O mellor de todo é que os ingredientes poden variar segundo os ingredientes que máis vos gusten, sempre mantendo máis ou menos as cantidades para que queden no seu punto. Imos aló!

Ingredientes:

– 200 gramos de flocos de avea
– 40 gramos de crispis
– 30 gramos de pistachos
– 50 gramos de sementes de xirasol
– froita deshidratada (eu boteille mango, mazá e banana)
– 10 gramos de sementes de liño
– 10 gramos de sementes de papoula
– 120 ml de mel (ou 100 ml de mel e 20 ml de sirope de ágave)
– 60 gramos de manteiga
– 25 gramos de azucre moreno integral de caña
– 1 chisco de sal
– chocolate branco (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes secos, agás os que están no punto 2 e o chocolate branco 😉

barras de muesli

2. E por outra banda, mesturamos o mel, a manteiga, o azucre moreno e o sal e poñémolo a quentar ata que estean ben mesturados.

barras de muesli

3. A continuación, mesturamos os ingredientes secos e os líquidos con moito tino ata que quede todo moi ben integrado.

4. Vertemos a mestura no molde e imos apretando ben para que quede ben compacto.

barras de muesli

5. Deixamos que arrefríe na neveira ata que estea duriño (un día enteiro é ideal). E despois só nos queda cortalo en barriñas e listo!

Se queredes poñerlle un punto máis doce, podedes engadirlle un chisco de chocolate branco ou negro por riba, ou ben anaquiños de chocolate xa na mestura. Iso si, a consistencia destas barriñas non é coma as que se mercan porque senón habería que botarlle outros ingredientes que xa non nos interesan, por iso é importante gardalas na neveira, para que sempre estean a punto. O do azucre case diría que é opcional, pois creo que coa mel ou o sirope xa quedan doces abondo. Xa irei probando a ver como vai 😀
Bo proveito!!!

____________________________________________________

Granola bars

Barras de muesli

Have you ever thought of a homemade, healthy, satisfying and super tasty snack? Well, today is your lucky day because this super nice recipe of granola bars has it all! They are perfect for a work break, when we want to grab a bite or when we have a sweet (but healthy!) tooth 😀 The best thing of all (if this wasn’t enough) is that you can use almosta any ingredient you may think of, and so you will never get tired of them 😉 Let’s go!

Ingredients:

– 200 gr oatmeal
– 40 gr honey Krispies
– 30 gr pistachios
– 50 gr sunflower seeds
– dehydrated fruit (not sweet!)
– 10 gr flax seeds
– 10 gr poppy seeds
– 120 ml honey (or 100 honey + 20 agave syrup)
– 60 gr butter
– 25 gr brown sugarcane
– a pinch of salt
– white chocolate (optional)

Step by step preparation:

1. 1. Mix all dry ingredients except those in step 2 😉

barras de muesli

2. And mix honey (or syrup), butter, brown sugar and salt and heat all up until all melted and integrated.

barras de muesli

3. Then, mix both mixtures very well until all dry ingredients are wet.

4. Pour the mixture over the mould and push it well.

barras de muesli

5. Allow to cool in the fridge until hard (24 hours would be great). And then, cut it in little bars and that’s it!

If you want to make it sweeter, spread some chocolate on top, or add some choc chips in the mixture. Take into account that the consistency won’t be so hard as when you buy them, because to do it we will have to use less healthy ingredients, so it’s better this way 😀 If you keep them in the fridge, they will be always perfect! If you don’t like it so sweet, you can skip the sugar part and add only honey or sugar, I think they will be sweet enough. This is my first version, but as it won’t be last, I will try many other different versions.
Enjoy!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.