Fideuà
Esta receita de fideuà é algo distinta á tradicional, de feito, a fideuà (fideuada) tradicional leva uns fideos gordiños cun buratiño polo medio, chamados fideos perla. Xa sei que por estes lares nosos non é un prato que se estile moito, mais si que é un prato que acostuma a gustarnos bastante 😉 Esta versión de fideuà leva fideos finos, finos, deses que empregamos para a sopa e tamén a poñeremos no forno para que queden ben crocantes por riba e súper saborosos. Hai quen acostuma a acompañar esta fideuà con alioli caseiro, mais a min gústame tanto que non son quen de botarllo, pois creo que lle saca moito sabor. Iso xa, a gustos! Para que sexa máis rápida e sinxela, o caldo de peixe e marisco é mercado, mais se tedes a posibilidade de facelo caseiro, non o dubidedes. Imos aló!
Ingredientes para 4 persoas:
– 4 allos
– 1/2 pemento vermello
– 400 gramos de luras limpas
– 1 chorriño de viño branco
– 200 gramos de prebe de tomate
– 250 gramos de gambas
– 400 gramos de fideos (número 0)
– caldo de marisco e peixe
Preparación paso a paso:
1. Cortamos dous allos e o medio pemento vermello en anacos e fritímolos en pouco aceite ata que estean brandiños.
2. Cortamos as luras en tiras e engadímolas.
3. Cando as luras xa estean case no seu punto, engadimos un chorriño de viño branco e o prebe de tomate.
4. Na paella, ou onde vaiades facer a fideuà, fritimos os outros dos allos e as gambas.
5. Unha vez que as gambas cambien de color, botámolas na tixola onde tiñamos as luras e o prebe.
6. Na paella, engadimos un bo chorro de aceite e fritimos os fideos ata que vexades que están douradiños. Non pasa nada se vedes que se poñen marróns ou algo máis torrados, faranse igualmente.
7. Botamos o sofrito de luras e gambas sobre os fideos e mesturamos.
8. E a continuación imos engadindo o caldo e remexendo ata que se vaian facendo os fideos. Importante! O caldo ten que estar quentiño.
9. En canto os fideos estean feitos, apagamos o lume e metemos a paella no forno durante uns 5 minutos a gratinar para que os fideos se poñan crocantes por riba. Pura delicia! E listo!
Se vos gusta que os fideos queden moi douradiños e se poñan para arriba, só tedes que deixalos máis tempo no forno, mais vixiade que non se sequen de máis! Aviso moi moi moi importante!!! Esta fideuà é altamente adictiva! É moi complicado resistirse ao seu sabor e suavidade, así que a miña recomendación é que non vos resistades 😉 Probade a facela e xa veredes como repetides unha e outra vez!
____________________________________________________
Fideuà
Esta receita de fideuà é algo distinta á tradicional, de feito, a fideuà (fideuada) tradicional leva uns fideos gordiños cun buratiño polo medio, chamados fideos perla. Xa sei que por estes lares nosos non é un prato que se estile moito, mais si que é un prato que acostuma a gustarnos bastante 😉 Esta versión de fideuà leva fideos finos, finos, deses que empregamos para a sopa e tamén a poñeremos no forno para que queden ben crocantes por riba e súper saborosos. Hai quen acostuma a acompañar esta fideuà con alioli caseiro, mais a min gústame tanto que non son quen de botarllo, pois creo que lle saca moito sabor. Iso xa, a gustos! Para que sexa máis rápida e sinxela, o caldo de peixe e marisco é mercado, mais se tedes a posibilidade de facelo caseiro, non o dubidedes. Imos aló!
Ingredients for 4:
– 4 garlic cloves
– 1/2 red bell pepper
– 400 gr clean squids
– a dash of white wine
– 200 gr tomato sauce
– 250 gr shrimps/prawns
– 400 gr short fideos (short, skinny noodles)
– fish and seafood stock
Step by step preparation:
1. Chop 2 garlic cloves and the half pepper and fry them with a little bit of oil until soft.
2. Cut squids into strips and add them to the pan.
3. When squids are cooked, add the dash of wine and tomato sauce.
4. In a “paella” (the wide and flat frying pan especially used to prepare fideuas and paellas) sauté the other 2 garlic cloves and the shrimps.
5. Once shrimps have changes their colour, add them to the pan where we have the squids.
6. In the paella, add more oil and fry the noodles until you see they become golden and shiny. Don’t worry if you see some of them are brownish or toasted, they’ll be delicious when cooked.
7. Mix the squids mixture with the noodles and stir well.
8. Then, add stock bit by bit until noodles are fully cooked. Important! Stock must be warm when added.
9. As soon as noodles are cooked, take the paella and grill the fideuà for around 5 minutes so noodles become crispy on top. Delicious!!! And that’s it!
If you like them crispier, just leave them some more time in the oven, but watch out! We don’t want them to be too dry, just crispy on top. This fideuà is highly addictive, so my recommendation is you fall into tempration and prepare it! You will never ever regret it! 😀