Barriñas de queixo e nutella
Se hai dous ingredientes que quedan ben en lambonadas e que, ademais, gustan moito, son a crema de queixo e a nutella. As tortas de queixo son saborosísimas, e son das receitas máis vistas do blogue. E que dicir das larpeiradas que levan nutella, son éxito asegurado. É por iso que estas barriñas son a sobremesa perfecta para triunfar 🙂 O seu paso a paso é moi doado e rápido. A única pega é que hai que agardar un chisco antes de meterlles o dente; e deixalas repousar na neveira antes de probalas. Polo demais, son todo vantaxes. Iso si, ollo con elas, que son moi aditivas 🙂 Imos aló!
Ingredientes:
– 200 gramos de galletas maría
– 100 gramos de manteiga desfeita
– 450 gramos de crema de queixo
– 1 ovo
– 50 gramos de azucre
– unha culleradiña de esencia de vainilla
– 130 gramos de nutella
Preparación paso a paso:
1. Picamos as galletas na picadora ata que estean ben finiñas e mesturámolas coa manteiga desfeita para facer a base de galletas. Botámolo todo no molde, dámoslle forma e enfornamos a 175ºC durante 5 minutos e deixamos arrefriar.
2. Por outra banda, mesturamos a crema de queixo, o ovo, o azucre e a culleradiña de vainilla ata que teña unha textura suave e cremosa.
3. Metemos a nutella nunha cunca no microondas durante uns 20 segundiños para que estea máis líquida e sexa máis sinxela de botar.
4. Botamos a mestura de queixo enriba da base de galletas e alisamos coa culler.
5. Engadimos a nutella e, despois, cun escarvadentes, imos facendo dibuxiños para que se mesture un chisco e quede ben chulo 😉
6. Enfornamos durante uns 35 minutos a 175ºC ou ata que vexamos que a crema de queixo colle unha lixeira cor dourada. E listo!
Deixamos que repouse a temperatura ambiente ata que arrefríe e despois deixámolo na neveira ata o día seguinte. En canto estea ben frío e despois de repousar, cortámolo en barriñas e xa as teremos listas para darlles unha boa trabada. Estas barriñas campan que rabean, e están boííísimaaas!!! Aguantan perfectamente varios días na neveira, ata diría que segundo pasa o tempo, aínda están máis boas 😛 Se sodes seareiras e seareiros das tortas de queixo e a nutella, non agardedes máis a probar estas incribles barriñas de queixo e nutella porque de verdade que están de auténtico vicio!
________________________________________________
Cheese and nutella bars
If there are two ingredients which turn these every single sweet treat into something delicious are cream cheese and nutella. Cheesecakes are one of the most visited recipes of the blog, and what about nutella recipes? They’re always super tasty, right? No matter what you prepare, if it has nutella in it, it will be a total success! That is why this cheese and nutella bars are one of the best recipes ever! And if you prepare them for a special occasion, everyone around you will be absolutely happy to taste them! The step by step is very simple and quick. The only disadvantage is having to wait for it to settle in the fridge, although I must confess all the time will be totally worthy. Be careful! They’re veeery addictive!!! 🙂 Let’s go!
Ingredients:
– 200 gr marie biscuits
– 100 gr melted butter
– 450 gr cream cheese
– 1 egg
– 50 gr sugar
– 1 tsp vanilla essence
– 130 gr nutella
Step by step preparation:
1. Process biscuits in a food processor. Mix with melted butter and form the cookie base in the mould. Then, bake it for 5 mintes at 175ºC/350ºF. Allow to cool.
2. On the other hand, mix cream cheese, egg, sugar and vanilla until smooth.
3. Heat nutella for around 20 seconds in the microwave so it gets smoother and easier to swirl.
4. Pour cream cheese base over the cookie base and smooth with a spoon.
5. Add nutella and, using a toothpick, swirl until you like how it looks 😉
6. Bake for 35 minutes or until you see the cheesecake gets a light brown colour on sides. And that’s it!
Allow to cool at room temperature and then in the fridge overnight. As soon as it’s cold and ready, cut it into little squares and they’re ready to be eaten right away! You can keep them for some days in the fridge and they will be as delicious as the very first day. You can of course use your favourite cookies to form the base, mine are marie biscuits but you can use any other you like. Get a piece of paper, make a list, go the supermarket, buy all ingredients and prepare these mouth-watering cheese and nutella bars. You will never ever regret it!