Cheesecake de nutella
Hoxe tráiovos unha receita ben perigosa, e dígoo con moito coñecemento de causa, porque resulta case imposible non probala unha, dúas, ou dez veces mentres se prepara. Está boísima!!! Unha torta de queixo con sabor a nutella que se fai en 10 minutos e é puro vicio! Iso si, saudábel xa vos digo que non o é, mais ás veces ben paga a pena facer o esforzo e probar estas delicias tan saborosas. Así que se sodes seareiras das tortas de queixo, da nutella ou das oreo, esta é a vosa sobremesa perfecta. Non enredo máis e imos aló!
Ingredientes para 2 persoas:
– unhas 8 oreos (clásicas ou golden)
– 150 gramos de crema de queixo
– 100 gramos de nutella
– 150 gramos de nata 35% M.G.
– 1 banana
– lacasitos ou froitos secos para decorar
Preparación paso a paso:
1. Para comezar, formamos a base da nosa torta de queixo. Para iso, picamos as galletas nunha picadora. Eu deixei algún anaco máis grandiño, mais iso podédelo facer como queirades, máis finiño ou con anacos grandes polo medio. Poñemos as galletas de base no molde.
2. Para o recheo, batemos a crema de queixo e a nutella. Kukiconsello: coa lingua de gato mestúrase todo moi ben.
3. Montamos a nata con 2 culleradiñas de azucre ata que estea ben duriña e engadímola á mestura anterior, mesturando con moito tino para que quede ben esponxoso.
4. Botámolo sobre as galletas cubrindo máis ou menos a metade. Cortamos a banana en anacos en botámolos sobre a crema, cubrindo de novo con ela para que quede a banana tapadiña no medio.
5. Decoramos con lacasitos, froitos secos, froitos vermellos ou máis nata montada. E listo!
O bo desta lambonada é que podemos tomala nada máis acabemos de facela ou ao día seguinte; de calquera das dúas maneiras estará super esponxosa, deliciosa, saborosa… para relamber os dedos unha e outra vez! E quen di os dedos, di relamber o molde, a culler, o bol… en fin, xa sei que sempre vos digo que tedes que probar tódalas receitas, mais esta tedes que probala si ou si, facédeme caso porque non vos ides arrepentir! 😀
_________________________________________________
Nutella cheesecake
Mind this sweet, yummy, tasty, flavourful recipe! It is as addictive and delicious as it sounds! It tastes like nutella (yes!) and cheese (yum!), and it has a mousse-like-texture (oh yeah!!!). And only 10 minutes of your time separate you from this piece of heaven. I must confess, as you may imagine, that I cannot say it’s a healthy one, but, from time to time, we have to make such efforts like this one 😉 So, nutella, cheese or oreo fans, prepare yourselves to try this great sweet recipe! Let’s go!
Ingredients for 2:
– around 8 oreos (classic or golden)
– 150 gr cream cheese
– 100 gr nutella
– 150 gr whipping cream
– 1 banana
– lacasitos or nuts to decorate
Step by step preparation:
1. First, form the base of the cheesecake. Process oreo cookies in a food processor. I left some bigger bites, so the base had different textures, but you can do it in your own way 🙂 When done, put the cookie crumbs in the mould.
2. For the filling, beat cream cheese and nutella. Kukitip: using a silicone spatula is much faster.
3. Whip cream with 2 tbsp sugar until it forms stiff peaks and add it to the previous mixture, doing it slowly and carefully.
4. Pour this mixture over the cookie base, filling half the mould. Add chopped banana and fill the rest of the mould with the nutella mixture.
5. Decorate with lacasitos, nuts, berries or some more whipped cream. And that’s it!
One of its strong points is that you can eat as soon as you finish preparing it, or you can keep it in the fridge and eat it the next day, it will be fluffy, tasty and full of flavour too. Do yourself a favour and prepare this nutella cheesecake, you’ll se I’m totally right about it. And I don’t even know how to describe its incredible flavour so as to convince you to try it, so please, do it! You won’t regret it! 😀
E tan perigoso! Isto cae seguro na vindeira comida familiar, encántame!
Un saúdo
Graciñaaas!!! Seguro que lles gusta a todos! 😉 Xa me contarás. Apertas
kukinhas ultimamente quere que engordemos despois do nadal,xa que pos unhas receitas tan saborosas que non hai quen se resista a facelas e comelas. Grazas de novo polas túas lambonadas . Un saudo moi agarimoso .Isabel
Agora que xa pasou o Nadal, hai que ir mantendo o tipo 🙂 E que mellor que receitas doces e lambonas para ir pasando este frío inverno. Grazas a ti polos comentarios e alégrame moito que che gusten as receitas. Apertas! Kukinhas