Turrón de té verde matcha / Matcha nougat

Turrón de té verde matcha

matcha nougat

A verdade, non sei se xa volo confesei antes algunha vez, non son moito dos turróns de sempre, polo que cada Nadal tócame discurrir algún con chocolate para poder deleitarme como toca nestas datas 😀 O meu amor polo té verde matcha xa o sabedes de sobra, así que este ano tocou xuntar as miñas dúas paixóns lambonas (entre moitas outras), o chocolate branco e o té verde matcha. Imos aló!

Ingredientes:

– 300 gramos de chocolate branco
– 40 gramos de manteiga de porco
– uns 80 gramos de té verde matcha
– 60 gramos de arroz inflado sen chocolate

Preparación paso a paso:

1. Derretemos no microondas o chocolate branco e a manteiga de porco. Engadimos o té verde matcha e mesturamos ben.

matcha nougat

2. Engadimos o arroz inflado e mesturamos con moito coidadiño.

matcha nougat

3. Vertemos a mestura sobre un molde de turrón caseiro (feito con medio cartón de leite) e agardamos ata que se poña duro.

4. Unha vez estea duro, metémolo na neveira e deixamos que repouse unhas horiñas. E listo!

Como xa vos dixen o ano pasado, cando fixemos a primeira receita de turrón de chocolate caseiro, podemos facer múltiples combinacións: con froitos secos, froitos vermellos, máis chocolate, chuches… o que sexa! É unha lambonada de Nadal tan sinxela e rápida de facer que paga moito a pena poñerse coas mans na masa e preparar estes turróns de chocolate caseiros tan saborosos!!! 🙂

____________________________________________________

Matcha nougat

matcha nougat

The truth is, and I’m not sure if I have said this before, that nougat (turrón) is one of the Christmas sweet treats which I’m not a big fan of. And this is why every Christmas I prepare my own chocolate nougats, trying to make new ones each year. This Christmas, I decided to mix matcha green tea and white chocolate and thus, putting together two of my (many) favourite sweet ingredients! So, let’s go!

Ingredients:

– 300 gr white chocolate
– 40 gr pork lard
– about 80 gr green tea matcha
– 60 gr rice Krispies (without chocolate)

Step by step preparation:

1. Melt white chocolate and pork lard in the microwave. Add matcha and mix well.

matcha nougat

2. Add rice Krispies and mix carefully.

matcha nougat

3. Pour this mixture over a nougat mould (you can make a homemade one with half milk carton) and wait until hard.

4. Once hard, allow to set in the fridge for some hours. And that’s it!

As I told you last year, when we made the first nougat recipes, you can add whatever you most like: nuts, red berries, more chocolate, sweets… It’s so quick and so easy, you won’t be buying chocolate nougat any more! The homemade one is much better, and you know it! 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.