Homiños de xenxibre / Gingerbread men cookies

Homiños de xenxibre

gingerbread

O certo é que estas galletas con forma de homiños de xenxibre son unha das receitas máis populares e recoñecibles no mundo das receitas de Nadal, mais teño que recoñecer que nunca as probara. Non sabía como serían nin o seu sabor nin a súa textura. E agora que xa as probei, reprobei e requeteprobei, só podo dicir que están BOÍSIMAS!!! Que sabor! Un sabor a caramelo, xenxibre, especias…mmm…unha explosión de sabores no padal que de seguro fará que devezades por elas. Xa veredes! Imos aló!

Ingredientes:

– 180 gramos de manteiga
– 125 gramos de azucre moreno
– 1 ovo
– 125 gramos de mel de caña (ou melaza)
– 400 gramos de fariña
– 1/2 culleradiña de bicarbonato
– 2 culleradiñas de xenxibre moído
– 2 culleradiñas de canela en po
– un chisco de pementa (eu boteille unha mestura de varias pementas)
– un chisco de noz moscada
– 1/2 culleradiña de sal
– lacasitos e chocolate branco para decorar

*O mel de caña podedes atopalo no Mercadona

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos a fariña xirgada xunto coas especias e o sal.

gingerbread

2. Por outra banda, batemos o azucre e a manteiga. E engadímoslle o ovo e o mel de caña, batendo todo moi ben.

gingerbread

3. A esta mestura de manteiga, ímoslle engadindo pouco a pouco a fariña coas especias.

4. Dividimos a masa en 3 boliños e deixamos repousar na neveira durante unha noite. Se tendes moita presa, con 4 horiñas, será abondo.

gingerbread

5. A continuación, sacamos a masa da neveira, poñemos a prequentar o forno a 170ºC e agardamos 10 minutos ata que a masa estea máis manexable. Despois só temos que amasar (cun grosor duns 4 mm) e cun cortador con forma de homiño, ir facendo as formas.

gingerbread

6. Tamén podemos sacarlle un oco cunha palliña para poder empregar estes homiños tan rechuliños como adornos da árbore de Nadal 😉

gingerbread

7. Enfornamos a 170ºC durante uns 12 minutos e listo!

Deixamos que os homiños arrefríen sobre a grella do forno, como facemos sempre para que queden ben crocantes.

gingebread

E despois, só temos que decorar! As galletas están ben boas de por si, mais se queremos poñelas aínda máis bonitiñas e máis lambonas, só temos que derreter chocolate branco e empregalo como pegamento para os lacasitos.

gingerbread

E agora, imaxinación ao poder! Pódenselle facer cantos adornos queirades. E non vos perdades a mellor parte, comelas!!! Ñaaam!

___________________________________________

Gingerbread men cookies

gingerbread

The truth is that, despite being a so famous Christmas recipe, I’ve never tried these cookies before. And yes, I must admit that my own homemade gingerbread men cookies are the first of this type of cookies that I try, and, as this seems all about confessions, I must as well confess that I absolutely LOVE them!!! So delicious, so flavourful, so tasty, so yummy!!! I really like their flavour and their texture! And of course, their shape 😀 If you’ve never tried, please, wait no more and prepare these delicious cookies!!! Let’s go!

Ingredients:

– 180 gr butter
– 125 gr brown sugar
– 1 egg
– 125 gr molasses
– 400 gr flour
– 1/2 tsp baking soda
– 2 tsp ground ginger
– 2 tsp ground cinnamon
– a pinch of pepper (I used a 5 berries one)
– a pinch of ground nutmet
– 1/2 tsp salt
– lacasitos and white chocolate to decorate

Step by step preparation:

1. Mix sifted flour, spices and salt.

gingerbread

2. Beat sugar and butter until fluffy and themm add the egg and molasses, mixing it all very well.

gingerbread

3. Add tablespoons of this flour mixture to the butter one.

4. Dive the dough into 3 little balls and allow to settle in the fridge overnight. If you are in a hurry and you feel like eating these cookies right now, with 4 hours will be enough.

gingerbread

5. Then, take a dough ball out of the fridge and preheat the oven at 170ºC/350ºF and wait for 10 minutes until the dough is softer. Roll with the rolling pin (up to 4 mm)and cut with your gingerbread man cookie cutter 😉

gingerbread

6. You can also make a hole with a straw so you can then hang these cookies in your Xmas tree! So beautiful and tasty!

gingerbread

7. Bake for 12 minutes and that’s it!

Allow these funny gingerbread men cookies to cool over a wire rack, as we always do, so they are really crunchy.

gingebread

Time to decorate! Take some lacasitos and “glue” them using melted white chocolate! Kids will love this!

gingerbread

Use your imagination and customize your gingerbread men! You can do it in so many ways! And don’t forget the best part of all! Eating them!!! Yum yum yum!!!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.