Zapallitos recheos
Os zapallitos son ese tipo de cabaciñas verdes, pequenas e redondas. Ao ser pequenas e gordechas, resultan perfectas para rechear e así é como as faremos hoxe, recheas de carne. Os recheos, xa sabedes, poden variar segundo o que máis vos guste ou o que teñades pola casa. O súa carne é moi amarela e o seu sabor é máis doce ca o da cabaciña. Imos aló!
Ingredientes:
– 4 zapallitos
– 1 cebola
– carne (nós aproveitamos carne que tiñamos doutra receita)
– prebe de tomate (opcional)
– queixo cremoso
Preparación paso a paso:
1. Cortamos unha pequena parte superior dos zapallitos e vaciámolos.
2. Fritimos a carne do zapallito e maila cebola.
3. Engadimos a carne e mesturamos todo ben. Podemos engadir tamén o prebe de tomate.
4. Recheamos os zapallitos, poñemoslle o queixo por riba e enfornamos a 200 graos ata que estean brandiños. Listo!
Unha receita moi, moi, moi sinxela, cun sabor diferente e moi gustoso! Os recheos poden variar moito, podemos rechealos de verduras, cogomelos, arroz, couscous…o que queirades! Agora só tendes que probar e contarme que tal 😉
_______________________________________
Stuffed globe zucchini
These globe zucchinis are a green, small and round type of zucchini. And being so, they are perfect for stuffing! This time, we will be stuffing it with meat, but, as usual, you can use whatever ingredients you like the most or that you have around. It meat is more yellow-y and its flavour sweeter than that of regular zucchinis. Let’s go!
Ingredients:
– 4 globe zucchinis
– 1 onion
– meat (ours was from another recipe, already fried)
– tomato sauce (optional)
– soft cheese
Step by step preparation:
1. Cut a little part on top and take all meat out very carefully.
2. Fry its meat and chopped onion.
3. Add meat and mix well. You can add tomato sauce as well.
4. Fill globe zucchinis, add cheese and bake at 200ºc/400ºF until soft. That’s it!
A very, very, very easy recipe, with a different and delicious flavour! Fillings may vary a lot, veggies, mushrooms, rice, couscous…whatever! Be original and tell me about it 😉