Tortilla rechea / Stuffed potato omelette

Tortilla de patacas rechea

tortilla

Si, seino, a tortilla de patacas xa está de por si boísima, e máis aínda con ovos, patacas e cebolas da casa. Mais se a esta combinación xa de por si deliciosa, lle engadimos queixo Arzúa-Ulloa, xamón cocido, leituga e rúcula, teremos ante nós a tortilla máis saborosa do mundo! Sobre todo polo queixiño, xa sabedes que é unha das miñas debilidades, e máis vendo como se derrete e cae pola tortilla abaixo. Un pequeno pracer para tódolos sentidos. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 5 patacas
– 5 ovos
– 1 cebola
– 2 tiras de xamón cocido
– un bo anaco de queixo Arzúa-Ulloa
– leituga e rúcula (con sal, aceite e vinagre)

Preparación paso a paso:

1. Facemos a tortilla coma sempre, procurando que quede máis gordiña, para que sexa máis sinxela de cortar. Iso si, que non quede moi pouco feita, mais si esponxosa.

2. Abrímola á metade, con moito tino, e mellor cando aínda estea quentiña, para que se derreta o queixo, que será o primeiro que poñamos.

tortilla

3. A continuación, colocamos o xamón.

tortilla

4. E a ensalada de leituga e rúcula.

tortilla

5. Pechamos coa outra metade e listo!

tortilla

Unha receita sinxelísima, non si? Podedes probar con outros ingredientes que vos gusten máis, eu non tiña tomates, mais de seguro que lle queda moi ben. Iso si, o queixo é imprescindible! 😀 Xa veredes que boa está a tortilla con esa cremosidade extra!!!

_________________________________________________

Stuffed potato omelette

tortilla

Yes, I know, potato omelette is absolutely delicious! And using homegrown potatoes, onions and home-produced eggs, it’s even better! But, if we stuff this tasty omelette with flavourful ingredients such as Arzúa-Ulloa cheese, boiled ham, lettuce and rocket… wow…Best omelette EVER! No matter which cheese you use, as long as it’s extra soft, you’re gonna fall for it as soon as you see it falling over the omelette, as in the picture! OMG! I’m feeling hungry right now…again… Let’s go!

Ingredients for 2:

– 5 potatoes
– 5 eggs
– 1 onion
– 2 slices boiled ham
– a quite big piece of cheese in slices
– letuce and rocket salad (with salt, vinegar and olive oil)

Step by step preparation:

1. Make omelette as usual, trying to get a thicker one, so we can cut it in half. Don’t undercook it, we don’t want egg running away from the omelette 😉

2. Cut in half very carefully, and when still hot so cheese (the first ingredient we add) melts immediately.

tortilla

3. Then, place boiled ham.

tortilla

4. And lettuce and rocket.

tortilla

5. Close the omelette with the other half and that’s it!

tortilla

An incredibly simple recipe, isn’t it? You can try with any other ingredient you like, I did not have any tomatoes around, but I’m sure they’re a perfect match as well. Don’t forget cheese is essential! It will make your potato omelette smoother, softer and, of course, tastier!!!

2 Comments

  1. Hola kukinhas:a tortilla está moi boa xa de por sí,pero como ti queres ter unhas seguidoras ben gordiñas….a engadirlle queixo de Bama ,para que nos engorde mais non sí.Eu non me atrevo a recheala con queixo pero sí con leituga e tomate,seguro que está moi boa e non dará tantas calorías,je,je..Nunca se me ocurrira facer así a tortilla.Vou probar xa que ainda me quedan leitugas e tomates na leira Están a piques de se acabar.Grazas pola idea.Un abrazo de Isabel

    • A verdade é que si que lle sumamos unhas cantas calorías, mais paga moitísimo a pena engadirlle o queixiño de Bama, así desfeito está de vicio! Eu de feito, deixaría a leituga e mailos tomates para facer unha ensalada e acompañar a tortilla rechea só de queixo! 🙂 De nada pola idea, alégrame moito que che gusten e as fagas. Unha aperta ben forte.

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.