Rifa kukilibro
O blogue colle uns diíñas de vacacións, e aproveitando que non haberá receitas, decidín facer unha rifa do libro de receitas de As Lambonadas de Kukinhas.
Como participar
- En Facebook: compartir a entrada onde anunciarei o concurso (poñereina máis dunha vez para que non vola perdades 😉 ) E poñerme un comentario dicíndome: compartido! participo! ou o que queirades 😉
RECORDADE que hai que compartir a entrada dende a páxina de facebook de Kukinhas, porque senón non me queda constancia na páxina 🙂
- En Twitter: rechiar o chío onde anunciarei o concurso (tamén repetirei)
- En Instagram: compartindo a foto anunciando o concurso
- E se alguén non puidera mediante estas dúas vías, pois cun comentario nesta entrada
Só valerá unha participación por persoa, á que lle será asignado un número co que logo se efectuará a rifa.
A rifa estará aberta ata o día 1 de setembro.
Moita sorte!!!
_____________________________________________________________
Kukibook giveaway
This recipe blog and me will be on holidays for a few days, and so while we don’t have any new recipes, I decided to organise a giveaway of the cookbook Cooking with Kukinhas (Galician edition).
How to participate
- Facebook: sharing fb post anouncing the giveaway (I will post it more than once) and commenting telling me that you’ve already shared
- Twitter: Retweeting giveaway tweets (+ than 1 as well)
- Instagram: sharing picture anouncing giveaway
- Blog: posting a comment
You can only participate once, and every one of you will be given a number, which will be later used to establish the winner.
Giveaway is open until the 1st September.
Good luck!
Gústanme moito as túas receitas, danme ideas para cociñar agora que xa estou xubilada despois de 42 anos ensinando a ler e a escribir aos cativos. Quero participar no sorteo xa que me é máis doado ler que buscar no ordenador. Grazas de novo kukinhas. Unha aperta. Isabel
Apuntada queda a túa participación 😀 Graciñas!!!