Torta chocolateira / Chocolate cake

Torta chocolateira

chocolate

Unha lambonada desas que quedan moi chulas e que están moi boas! A min acabóuseme a crema de cacao e non lla botei polos costados, mais se tendes crema de cacao abondo, aproveitade e poñédella polo arredor, así secarase menos e aguantará máis días o biscoito. A receita é moi sinxela e xa vedes que campa un montón, va que si? Imos aló!

Ingredientes:

– 100 gramos de manteiga
– 250 gramos de azucre
– 2 ovos
– 1 culleradiña de vainilla
– 50 gramos de cacao en po
– un chisco de fermento en po
– un chisco de bicarbonato
– un chisco de sal
– 160 gramos de fariña
– 160 ml de leite
– crema de cacao (pode ser caseira)
– avelás picadas

*Base de biscoito adaptada do libro de receitas de Hummingbird Bakery.

Preparación paso a paso:

1. Batemos a manteiga e o azucre ata que a mestura quede ben cremosa.

chocolate

2. Engadimos ovos, vainilla, cacao, bicarbonato, fermento, sal, 80 gramos de fariña e mesturamos.

3. Engadimos o leite e os 80 gramos de fariña que nos quedan e batemos ata que quede unha masa con textura de mousse de chocolate. (Un kukiconsello para larpeiros: probade a masa así crúa, está de medo!!!)

chocolate

4. Agora podemos facer o biscoito de dúas maneiras. Ou ben enfornamos a masa toda xunta e despois cortámola en tres anacos, ou ben dividimos a masa en tres e enfornamos 3 mini biscoitos. Eu enfornei os biscoitos por separado nun molde de 20 cm con papel de aluminio e manteiga durante 20 minutos a 170ºC.

chocolate

5. Unha vez os biscoitos estean listos, untamos con crema de cacao cada piso. Cando cheguemos ao último, botamos nutella e decoramos coas avelás picadas. E listo!

chocolate

Xa vos digo que o ideal é botarlle crema de cacao tamén polos costados e decorar con máis avelás, ou ben crema para montar, lacasitos, améndoas, froitas…o que máis vos guste! E se non queredes empregar crema de cacao, unha marmelada de framboesas ou de calquera froito vermello seguro que lle queda xenial! Bo proveito!

_________________________________________________

Chocolate cake

chocolate

This chocolate cake is one of those sweet treats that look very good and even more delicious! I didn’t have lots of nutella so I couldn’t spread some more around the cake, but if you have, do it, cause apart from giving the cake an even more chocolatey flavour, it’ll prevent the cake from drying. The recipe is very simple and it looks amazing, right? Let’s go!

Ingredients:

– 100 gr butter
– 250 gr sugar
– 2 eggs
– 1 tsp vanilla
– 50 gr cocoa powder
– a pinch of baking powder
– a pinch of baking soda
– a pinch of salt
– 160 gr flour
– 160 ml milk
– nutella (or homemade nutella)
– finely chopped hazelnuts

*Chocolate sponge cake recipe adapted from the Hummingbird Bakery recipe book.

Step by step preparation:

1. Beat sugar and butter until smooth and fluffy.

chocolate

2. Add eggs, vanilla, cocoa, baking soda, baking powder, salt, 1/2 the flour (80 gr) and whisk until all well integrated.

3. Add milk and the rest of the flour and beat until the batter looks like a chocolate mousse. (One very important kukitip for chocoholics: give this raw batter a try, it’s delicious!!!)

chocolate

4. To prepare the 3 chocolate sponge cakes, you can either bake it all at once and then cut it into 3, or bake three different cakes. I baked the three cakes separately in a 20 cm round baking mould with some tin foil and butter at 170ºC/330ºF for 20 minutes.

chocolate

5. Once sponge cakes are ready, spread some nutella over them. On the last cake, spread some nutella and then top it with the chopped hazelnuts. And that’s it!

chocolate

The best thing is spreading nutella all around the cake and add some more chopped hazelnuts, or whipped cream, M&Ms, almonds, fruits…whatever you like! And if you don’t want to use nutella, you can use raspberry jam or any red berry jam and it will be as tasty! Enjoy it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.