Bombas de pataca
Aí vai unha desas receitas que son perfectas para facer en calquera ocasión e van moi ben para petiscar. O recheo pode depender do que máis vos guste ou do que teñades máis á man, o máis típico é carne picada con prebe de verduriñas e un chisco de picante 😉 por iso o de bombas, supoño! Imos aló!
Ingredientes para unhas 6 bombas:
– 3 patacas grandes (ou 4 pequenas)
– un chisco de manteiga (opcional)
– carne picada (polo, tenreira, porco, chourizo, zorza…)
– 1 cenoria
– 1/2 pemento verde
– 1/2 pemento vermello
– 1/2 cebola
– pementón picante
– queixo
– prebe de tomate
– ovo e pan relado para empanar
Preparación paso a paso:
1. Cocemos as patacas ata que estean ben brandiñas. Cando estean listas, facemos un puré e engadimos un chisco de manteiga para que quede máis cremoso. Deixamos arrefriar.
2. Fritimos as verduras cortadas en anaquiños ata que estean ben fritidas.
3. Engadimos o prebe de tomate e fritimos.
4. Batemos as verduras e o prebe coa batedora ata que estea espeso e engadimos o pementón picante.
5. Fritimos a carne picada e botámola no prebe, mesturando todo ben.
6. Facemos unha bola de puré de pataca, aplanámola, botámoslle un chisco de recheo e un anaco de queixo, pechamos con máis puré e dámoslle forma de bola. Faremos así ata que acabemos o puré.
7. Pasamos cada bomba por ovo batido e pan relado e fritimos con abundante aceite quente ata que estean torradiñas polos dous lados. E listo!
Aquí vos deixo unha fotaza para que vexades que boa pinta ten o queixiño derreténdose en canto abres a bomba, mmm, gula total!
Bo proveito!!!
_______________________________________
Potato bombs (croquettes)
This is one of those recipes which are perfect for every occasion, especially as a snack. The filling can vary a lot, depending on what you like most or what you have around your kitchen 😉 The most typical one is minced meat, veggies and tomato sauce and some spicy ingredient, hence the name 🙂 Let’s go!
Ingredients for around 6:
– 3 big potatoes (or 4 small)
– a bit of butter (optional)
– minced meat (chicken, beef, pork, chorizo…)
– 1 carrot
– 1/2 green bell pepper
– 1/2 red bell pepper
– 1/2 onion
– spicy praprika
– cheese
– tomato sauce
– egg and breacrumbs for coating
Step by step preparation:
1. Boil potatoes until soft. When ready, mash them and add a little bit of butter, so it gets creamier. Allow to cool.
2. Fry chopped veggies until almost done.
3. Add tomato sauce and fry for a while.
4. Process veggies and tomato sauce until you get a thick sauce and add paprika.
5. Fry minced meat and add it to the sauce, mixing all very well.
6. Form a ball of mashed potato, smash it, add some filling and a bit of cheese, close it with some more potato and give it a ball form. Do that until you finish all mashed potato.
7. Coat each potato ball in beaten egg and breadcrumbs and fry them in plenty of hot oil until brown on both sides. And that’s it!
Look at this beautiful picture of cheese melting when opening the potato croquette…mmmm…totally yummy!!!
Enjoy it!
Encántame a receita!! Fareina moi proximamente, xa che contarei 😉
Bicos e grazas por compartir!
Seguro que che saen xenial, non teño ningunha dúbida! 😀 Xa verei a foto entón 😉 Agardo que che gusten e moitas grazas por comentar!!!