Xeados de gin tonic / Gin tonic popsicles

Xeados de gin tonic

gin tonic

Cando vai calor, o que de verdade apetece é comer pratos fresquiños e sobremesas aínda máis. E por que non facer uns xeados de gin-tonic? Son moi sinxelos de facer e están de vicio! Só hai que mesturar tódolos ingredientes, metelos ao conxelador nuns moldes para xeado e agardar a que o frío faga o seu traballo. Que? Sinxelísimo, non si? Pois aínda é máis saboroso que doado. Sobre todo, se os facemos cunha xenebra galega! Desta vez, tocoulle a Nordés 😛 Imos aló!

Ingredientes para 6 xeados:

– 60 ml de xenebra Nordés
– 170 ml de tónica
– 70 ml de limoada
– pementa rosa

Preparación paso a paso:

1. Mesturamos tódolos ingredientes e vertemos o gin-tonic nos moldes de xeado. Non vos pensedes que é pouca xenebra, chega ben, crédeme 🙂

2. Metémolos no conxelador durante un mínimo de 3 horas. E listo!

Creo que nunca fixen unha receita con só dous pasos, xD! Ide con ollo no comezo, que semella que o alcohol baixa no conxelador e se acumula na punta 😉 Se non vos gusta a pementa rosa, ou sodes máis doutras especias para cocktails, xa sabedes, a experimentar!

_________________________________________________

Gin tonic popsicle

gin tonic

It’s getting hot in here and the sun is staying with us for a few days, so we just feel like eating fresh meals and fresh desserts as well. So why don’t we try and make these delicious gin tonic popsicles? They’re veeery simple and delicious! Just mix all ingredients and let the freezer do the hard job 😉 And if you have the chance of preparing them with some Galician gin, do it! I used Nordés one, so tasty!!!

Ingredients for 6 popsicles:

– 60 ml de gin Nordés
– 170 ml de tonic
– 70 ml de lemonade
– pink pepper

Step by step preparation:

1. Mix all ingredients and pour the gin tonic over the popsicle moulds. Don’t think it’s not a lot of gin, I can assure you it will be more than enough 🙂

2. Freeze for, at least, 3 hours. And that’s it!

I think I’ve never done a recipe with just 2 steps, xD! When starting to eat it, be careful, alcohol goes down while freezing and the tip of the popsicle is really strong 😉 If you don’t like pink pepper, or you have any other favourite one, you can always experiment and it will be as delicious!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.