Carpaccio de cabaciña / Zucchini carpaccio

Carpaccio de cabaciño

carpaccio

Hai receitas que son taaan sinxelas e rápidas de facer e, ao mesmo tempo, taaaaaan saborosas que é unha mágoa non telas feito antes. E esta é unha delas. Recoñezo que a primeira vez que vin o carpaccio de cabaciño nun restaurante, fiquei sorprendida. Non me convencía a min moito iso de comer cabaciño cru. Máis unha vez que o probei, creo que volvería tomalo tódolos días da semana. Ten un sabor suave que queda moi ben con tódolos outros ingredientes que o acompañan. Eu fixen a miña propia versión, vós podedes tamén engadirlle ou cambiar algúns ingredientes. Iso sí, as uvas pasas quédanlle de medo. Aviso 🙂 Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 1 cabaciño
– uvas pasas
– noces de Macadamia picadas
– queixo parmesano
– millo salgado picado
– aceite de oliva, vinagre de módena e sal

Non poño cantidades exactas porque iso dependerá un pouco da vosa preferencia

Preparación paso a paso:

1. Cun pelador, cortamos o cabaciño ao longo, facendo tiras.

2. Colocámolas nun prato e engadimos o resto dos ingredientes. O queixo parmesano podemos tamén cortalo co pelador, e así quedarannos uns anacos ben xeitosos.

3. Aderezamos o carpaccio co aceite, o vinagre e o sal. E listo!

É un prato que queda ben, rápido, sinxelo e está boísimo! E se non vos gusta o cabaciño en outras receitas, probádeo así, xa veredes como vos encanta! 😀 Ademáis, podedes probar outras combinacións ou ingredientes e comentarme o resultado, que así tamén probarei eu! 😉

___________________________________________________________

Zucchini carpaccio

carpaccio

There are some recipes which are so simple, quick, and at the same time, so yummy that you wish you have known them before. And this is exactly one of those. I must admit that when I first heard about zucchini carpaccio, I wasn’t quite sure about tasting raw zucchini. However, after trying it, I have become a huge fan so as to feel like preparing it, at least, once a week. The flavour is soft and it matches the rest of the ingredients perfectly. I made my own version, so you can try with other ingredients you like or try this one. BTW, raisins should be a must! Both ingredients combine sooo well!!! Let’s go!

Ingredients for 2:

– 1 zucchini
– raisins
– chopped Macadamia nuts
– parmesan cheese
– finely chopped toasted corn
– olive oil, Modena vinegar and salt

I do not write any exact quantities because that depends on what you like most

Step by step preparation:

1. Cut zucchini along its longest part with a peeler.

2. Put them (nicely and beautifully) on a plate and add the rest of the ingredients. You can also use the peeler to cut parmesan cheese and you’ll get some great and easy-to-do parmesan flakes.

3. Dress your salad with olive oil, Modena vinegar and salt. And that’s it!

The dish looks incredibly well, doesn’t it? It can’t be quicker and it’s… wow! You’re gonna fall for it! And if you don’t like zucchini when cooked, you should try the raw one. Besides, you can make lots of different versions usings various ingredients and tell me all about it, so I can taste them too 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.