Batido de Bailey’s / Bailey’s milkshake

Batido de Bailey’s

baley's

Outra receita para estes días de calor e de bo tempo! Desta vez, un batido sinxelo, rápido, fresco e cun puntiño de sabor a Bailey’s que o fai aínda máis saboroso 😉 Unha receita que de seguro prepararedes máis dunha vez este verán. Imos aló!

Ingredientes para 2 batidos:

– 400 gramos de xeado de vainilla
– 100 ml de Bailey’s ou crema de augardente
– tofe caseiro (receita aquí)
– 100 gramos de crema para montar + 1 cullerada de azucre
– cacao en po para decorar

Preparación paso a paso:

1. Coa batedora, batemos o xeado, o Bailey’s e o tofe.

Bailey's

2. En canto estea mesturado, botámolo no bote e montamos a crema cunha culleradiña de azucre. Poñemos a crema enriba do batido e decoramos cun chisco de tofe e de cacao en po. E listo!

Bailey's

A que ten boa pinta? A cantidade de Bailey’s ou de crema de augardente depende do que vos guste o seu sabor. E se non vos gusta o xeado de vainilla, con xeado de chocolate seguro que está tamén saborosísimo!

___________________________________________

Bailey’s milkshake

baley's

Another great recipe for hot and sunny days! This time, a quick, simple and fresh milkshake with a flavourful touch of Bailey’s that makes it even more delicious 😉 I’m sure you’ll prepare it this summer more than once! Let’s go!

Ingredients for 2 milkshakes:

– 400 gr vanilla ice cream
– 100 ml de Bailey’s
– homemade toffee (recipe here)
– 100 gr whipping cream + 1 tsp sugar
– cocoa powder to decorate

Step by step preparation:

1. Process in a food processor vanilla ice cream, Bailey’s and toffee.

Bailey's

2. As soon as it’s integrated, pour it in the smoothie jar. Whisk cream with sugar and pour it on top of the millshake. Decorate with some cocoa powder and toffee and that’s it!

Bailey's

Looks yummy, right? The amount of Bailey’s depends on how fan you are 🙂 And you can change the ice-cream flavour if you don’t like vanilla one. In fact, with chocolate ice-cream must be amazing!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.