Tomates recheos de couscous / Couscous stuffed tomatoes

Tomates recheos de couscous

tomates couscous

Unha receita saborosísima, rápida, doada, vexetariana e saudable. E ademáis, que boa pinta teñen estes tomatiños recheos!!! Xa dan ganas de meterlle o dente ata na foto, non si? Se sodes dos que vos gusta coidarvos e non complicarvos moito na cociña, esta receita é perfecta. Desta vez, faremos o couscous con verduriñas e cun chisco de curry. Unha delicia! Imos aló!

Ingredientes:

– 10 tomates (no meu caso, kumato)
– 150 gramos de couscous
– 150 gramos de auga
– 1 cabaciño
– 1/2 berenxena
– 1 cenoria
– sal e curry
– queixo parmesano relado

Preparación paso a paso:

1. Cortamos un pequeno anaco pola parte de abaixo do tomate para que asente ben. E cortamos unha parte máis grandiña por arriba para sacarlle a polpa.

tomates couscous

tomates couscous

tomates couscous

2. Por outra banda, facemos o couscous segundo nos indique o paquete. Xa sabedes que soe ser ferver a mesma cantidade de auga que de couscous, apagar o lume, botar o couscous e agardar a que inche uns minutiños.

tomates couscous

3. Fritimos as verduriñas cortadas en cadradiños pequenos. Engadimos tamén a polpa dos tomates, o sal, o curry e a continuación agregamos o couscous e mesturamos todo ben.

tomates couscous

4. Recheamos os tomates co couscous e esparexemos un chisco de parmesano relado.

tomates couscous

5. Enfornamos durante uns 10 minutos a 200ºC ou ata que vexamos que o queixo comeza a torrarse e a pel dos tomates comeza a abrirse. E listo!

O tempo de forno dependerá de como vos gusten os tomates, eu deixeinos só 10 minutos porque prefiro que queden algo duriños. E se non tedes forno, podedes metelos no microondas uns minutiños e faranse igual de rápido e ben.

_____________________________________________

Couscous stuffed tomatoes

tomates couscous

A simple, super tasty, quick, vegetarian and healthy recipe! And they look incredibly yummy, don’t they? Now that I’m writing the recipe and I’m looking at the pictures again, I feel like preparing them again veeery soon! If you like eating healthy and don’t have much time, this is the perfect recipe. This time, we will make our couscous with some veggies and a touch of curry. In short, these tomates are delicious! Let’s go!

Ingredients:

– 10 tomatoes (mine were kumato tomatoes)
– 150 gr couscous
– 150 gr water
– 1 zucchini
– 1/2 aubergine
– 1 carrot
– salt and curry
– grated parmesan cheese

Step by step preparation:

1. Cut a little bit the bottom of the tomato so it won’t move when stuffing it. Then, scoop out the interior of the tomatoes with a teaspoon. It’s very easy.

tomates couscous

tomates couscous

tomates couscous

2. On the other hand, prepare couscous following the package instructions. The usual way is boiling the same amount of water as the one we use of couscous (150 grams of couscous – 150 gr water), then we turn the heat off, we mix the water with the couscous and wait some minutes until couscous is ready.

tomates couscous

3. Fry finely chopped veggies. Add the tomatoes flesh, salt, curry and couscous. Mix well until all integrated.

tomates couscous

4. Fill the tomato cases with the couscous using a teaspoon. And top it with some grated parmesan cheese.

tomates couscous

5. Bake for 10 minutes at a temperature of 200°C/400°F or until cheese is crispy and the tomatoes skin starts to break. And that’s it!

The baking time will depend on the way you like tomatoes, as I prefer them a little bit hard, I just baked them for 10 minutes, but if you prefer them softer, leave them some more. If you don’t have an oven, you can heat them up in the microwave, and they will be very delicious as well.

2 Comments

  1. Agora que xa empezan os tomatiños,que guai que poñas unha receitiña deles recheos.Un bo recurso para facer rápido agora que temos uns días casi de verán.. Grazas kukinhas.Probaremos a facelos o sábado ,que vou a praza e merco os tomates.UN bico de Isabel.

    • Nestes días de sol estes tomatiños recheos van de marabilla. E ademáis, o bo que ten esta receita, é que se poden rechear do que se queiran! Agardo a foto para poñela na páxina. Seguro que vos encantan!!! Moitas grazas polo comentario e por facer as receitas! Así dá gusto ter un blogue 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.