Cachopo de tenreira / Asturian cachopo

Cachopo de tenreira

cachopo

A gastronomía asturiana é saborosísima: fabada, queixo cabrales, cachopos, casadielles…un pracer para os sentidos e para o padal. O certo é que ata o de agora non probara a facer os cachopos na casa, máis para ser a primeira vez, estou realmente satisfeita co resultado. A maneira de facelos é moi sinxela, e o xamón serrano quédalle de medo á tenreira. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 2 filetes grandiños de tenreira
– xamón serrano
– queixo
– sal
– fariña, ovo e panko* ou pan relado para empanar

*O panko é un tipo de pan relado xaponés, máis gordiño que o pan relado de sempre, polo que colle menos aceite e queda máis crocante.

Preparación paso a paso:

1. Sobre un filete de tenreira previamente salgado, máis ou menos regular, colocamos un ou dous anacos de xamón serrano.

cachopo

2. Engadimos uns anaquiños de queixo.

cachopo

3. E tapamos con máis xamón serrano.

cachopo

4. Dobramos o filete á metade, apretándoo ben para que quede ben pechadiño. Se vemos que non cerra ben, podemos poñerlle uns escarvadentes, máis se o recheo é finiño, como neste caso, cerrará perfectamente.

cachopo

5. Pasamos polo ovo, a fariña e o panko.

cachopo

cachopo

cachopo

6. Fritimos ata que o empanado estea ben douradiño e listo!

cachopo

En canto cravedes o coitelo e vexades sair o queixiño e vos chegue o arrecendo do xamón serrano, non vos poderedes resistir a meterlle o dente. Para acompañar este prato, quédanlle de medo uns pementos do piquillo ou, por suposto, unhas patacas fritidas e unha ensalada. Bo proveito!

_______________________________________

Asturian cachopos

cachopo

Gastronomy from Asturias is absolutely tasty: fabada, cabrales cheese, cachopos, casadielles…a pleasure for all senses! The truth is that I have never done cachopos at home, and considering this is my first time, I’m quite happy with the result. The preparation is very easy and the serrano ham makes a perfect couple with the beef steak. Let’s go!

Ingredients for 2:

– 2 pretty big beef steaks
– serrano ham
– cheese
– salt
– flour, egg and panko* or bread crumbs for coating

*Panko is a Japanese type of breadcrumbs which is bigger and more crunchy, so the coating will be less oily and much more crispy.

Step by step preparation:

1. Over the beef steak (with some salt) put a slice or two of serrano ham.

cachopo

2. Then, add some cheese. Again, a slice or two, depending on your choice.

cachopo

3. And we cover the cheese with more slices of serrano ham.

cachopo

4. Fold the steak, pushing it a bit so it is completely closed. If we see it’s a little bit too fat to close, we can close it with some toothpicks, so it won’t open while frying. Anyway, if the slices are thin, like these ones, you won’t have to use toothpicks.

cachopo

5. Coat the steak in flour, egg and panko.

cachopo

cachopo

cachopo

6. Fry it until golden brown and crunchy. And that’s it!

cachopo

As soon as you cut the cachopo and you see the cheese melting along the meat and the so appealing aroma of serrano ham, you’re gonna start eating it until it’s over! As a side dish, piquillo peppers are perfect, but, of course, with some fries or a salad (or even on its own) it will be extra delicious as well! Enjoy it!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.