Brownies con crema de queixo / Cheese cream brownies

Brownies con crema de queixo

brownies

Se hai unha receita da que estou especialmente orgullosa é esta. O certo é que como son de bo dente, hai poucos pratos que non me gusten. E todas, sí, todas, as 170 e pico receitas que hai neste blogue, todas pasaron polo meu dente! Máis teño que recoñecer que sinto debilidade por esta receita de brownies. Será porque sempre me sae ben, porque me encantan os brownies, porque foi unha das primeiras receitas que fixen, ou porque a xente que os proba, sempre repite. Polo que sexa, xa tardaba poñela no blogue e compartila con vós. Agardo que vos encante tanto coma a min. Imos aló!

Ingredientes:

– 125 gramos de manteiga
– 125 gramos de chocolate negro
– 100 gramos de azucre
– 100 gramos de azucre moreno
– 3 ovos
– 50 gramos de fariña
– 50 gramos de colacao
– 1 culleradiña pequena de fermento químico
– 150 gramos de crema de queixo
– 30 gramos de azucre

Preparación paso a paso:

1. Botamos nunha cunca a manteiga, o chocolate negro en anaquiños e os 200 gramos de azucre (100 do branco e 100 do moreno) e poñémolo a derreter ao baño maría ou no microondas (modo desconxelar) ata que a manteiga e o chocolate estean totalmente desfeitos.

brownies

A mestura deberá quedar así, granuladiña.

brownies

2. Por outra banda, batemos os 3 ovos, a fariña, o colacao e o fermento.

brownies

3. Xuntamos ámbalas dúas mesturas ata que estean ben integradas e vertémolas no molde (cuberto con papel de aluminio e untado de manteiga).

brownies

4. Batemos a crema de queixo e o azucre (os 30 gramos) ata que estea ben cremosiño.

brownies

5. Botamos a crema de queixo enriba da mestura de chocolate e cun coitelo iremos xuntando o queixo e mailo chocolate, sen deixar que se mesturen de todo, como se ve na fotografía.

brownies

brownies

6. Enfornamos a 180º durante 35-40 minutos ou ata que un escarvadentes cravado no centro do brownie saia limpo ou con algún chocolatiño pegado. E listo!

brownies

Nuns 20 minutos, teredes os brownies no forno, e nun pouco máis de media hora xa estarán listos. Tede coidado cando os saquedes do molde, non sexades moi impacientes e agardade ata que estean frío, pois ao estar quentes, poden romper con máis facilidade. Cortádeo en cadradiños e preparádevos para probar uns dos mellores brownies da vosa vida! Están boísimos!!! A crema de queixo quédalles xenial e ademáis dálles un punto entre tanto chocolate. Veña, animádevos, xa veredes como non vos arrepentides! 😀

______________________________________________________

Cheese cream brownies

brownies

If there’s a recipe which I’m really proud of, is definitely this one. The truth is that I’m what can be called a gourmand, and there are just a few dishes or ingredients I don’t like. And all the recipes, yes, all, the 170 something recipes of this blog have been eaten by me (and by others, of course!). However, I must confess this brownies recipe is the apple of my eye 🙂 I don’t know exactly why, maybe because it’s a recipe that always goes right, because I love brownies, because it’s a recipe I’ve been making a long time ago (probably one of my firsts!) or perhaps because all people who try it, repeat. Whatever may be the cause, I’ve been looking forward to writing this recipe on the blog and sharing it with you all, so I hope you all love it as much as I do.

Ingredients:

– 125 gr butter
– 125 gr dark chocolate
– 100 gr caster sugar
– 100 gr brown sugar
– 3 eggs
– 50 gr flour
– 50 gr colacao / nesquik
– 1 little tsp baking powder
– 150 gr cheese cream
– 30 gr caster sugar

Step by step preparation:

1. In a mug, add the butter, chopped dark chocolate and the 200 gr sugar (100 caster, 100 brown) and let it melt in the microwave (defrost mode) or in a double-boiler until the chocolate and the butter are completely melted.

brownies

The mixture will have a sandy-like texture.

brownies

2. On the other hand, beat the 3 eggs, flour, colacao or nesquik, and the baking powder.

brownies

3. Put both mixtures together until all ingredients are well integrated and then pour it over the mould (covered with tin foil and buttered).

brownies

4. Beat the cheese cream and the sugar (30 grams) until it’s smooth and creamy.

brownies

5. Pour the cheese cream over the chocolate mixture and swirl with the tip of the knife, trying to mix both mixtures, but not too much, just as you can see in the picture.

brownies

brownies

6. Bake at 180º for 35-40 minutes or until a toothpick inserted in the middle of the brownies comes out clean, or with just a few crumbs attached to it. And that’s it!

brownies

In just 20 minutes, you’ll have your brownies in the oven, and in a little bit more than 30 minutes, the brownies will be ready. Don’t be too impatient and wait until they’re completely cold to take them out of the mould. Cut them in squares and get ready to try one of the tastiest brownies you’ve ever had! They’re incredibly yummy!!! Besides, cheese cream and brownies is a perfect combination and it gives a fresh touch to the chocolate flavour. C’mon, get ready and prepare them! You won’t regret it! 😀

6 Comments

  1. Que apetitosos parecen! Hai que probar ;P

  2. Ola!!!
    Ante todo felicitarche polo estupendisisisisisisimo blog que tés. Non hai unha soa receita que non queira facer

    • Ola! Moitísimas grazas polo comentario! Alégrome moitísimo de que che guste o blogue, e as receitas, claro! Agardo que te atrevas con algunha e me envíes a foto! E grazas de novo!!! 😀

      • Non sei que ocorreu co primeiro comentario que quedou a medias. Decíache que xa provei unhas cuantas das túas receitas e son todas estupendas e riquísimas e marabillosas jajajaja
        Por outro lado preguntábache polas medidas do molde que usaches para este brownie e así poderme facer unha idea. Moitas grazas e un bico

        • Xenial! Eu pensando que aínda non fixeras ningunha, e xa es toda unha experta 🙂 O molde é de 26 de longo por 20 de ancho. Estes brownies están moi bos, seguro que che gustan! Xa me contarás! Bicos

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.