Pan con mestura de cereais / Bread with multigrain baking mix

Pan con mestura de cereais

Pan de molde

Pois xa estamos de novo por aquí despois das vacacións! En canto teña máis xeito, escribirei un pequeno artigo sobre sitios onde comer en Oslo, e contarvos un pouquiño como foi a viaxe. Xa de volta, recordei que comprara hai un tempo no Ikea unha mestura de cereais para facer pan.

Case sempre que vou ao Ikea, dou unha volta pola tenda de alimentación, e a última vez descubrín esta mestura para facer pan. Pode que non sexa unha novidade, ou que a haxa en máis tendas, pero o certo é que non acostumo a fixarme nestas preparacións e non o vira antes. Unha das cousas que máis me gustou foron os ingredientes, pois non leva nin conservantes nin colorantes nin nada raro, simplemente fariñas e cereais.

Pan de molde

Ingredientes:

– fariña de trigo
– flocos de trigo
– flocos de centeo
– fariña de centeo
– sementes de xirasol
– amidón de trigo
– liñaza
– malta de cebada
– masa nai (con fariña de centeo)
– sal
– lévedo seco

Preparación paso a paso:

1. A preparación é moi sinxela, e ademáis ven todo moi ben explicado. Segundo indica o paquete, xa se pode facer a mestura dentro del, pero eu fíxena na máquina para mesturala mellor. Botamos o contido do paquete nun molde e mesturamos para que se integren ben tódolos ingredientes.

Pan de molde

2. Engadimos 600 ml de auga quente (a máis de 45 graos). Como teño un medidor de temperatura de cociña, empregueino para mirar se me chegaría coa auga da villa ben quente, e sí, podedes empregala da villa ben quente, sen ter que fervela nin nada.

Pan de molde

3. Engadímola e mesturamos ben. Non quedará coma se fora unha masa de pan tradicional, quedará algo líquida, é dicir, non quedará para amasar coas mans.

Pan de molde

4. Deixámola repousar durante 45 minutos. Enmoldámola (o recomendable segundo o envase é un molde de 23 cm, eu empreguei un de 21)

Pan de molde

e enfornámola a 240 graos durante 60 minutos. Aínda que vos pareza que xa está antes, deixádeo os 60 minutos. (Eu saqueino aos 45 minutos e houben de poñelo 15 máis ;))

Pan de molde

E listo! Agora só hai que deixalo arrefriar. Cortado fino, torrado e cun chisco de manteiga está boísimo! Así que se vos gusta este tipo de pan, non dubidedes en probalo. Xa vedes que dificultade non ten ningunha, e de sabor está moi moi moi saboroso.

Pan de molde

_________________________________________________________________________

Bread with multigrain baking mix

Pan de molde

Here we are again after the holidays! As soon as I have some more time, I will write a post about some places to eat in Oslo and tell you a little bit about the trip. As soon as I came, it came to my mind this multigrain bread baking mix I have bought in Ikea some time ago.

I must confess that almost every time I go to Ikea, I always have a look at the food shop to see what’s around. It may not be something new, but the truth is that I am not usually a person who look for this alreay-prepared things. However, one of the things that I liked most about this was that all the ingredients are natural and you don’t find any colourings or preservatives, just flour and cereals.

Pan de molde

Ingredients:

– wheat flour
– wheat flakes
– rye flakes
– coarse rye flour
– sunflower kernels
– wheat starch
– linseed
– barley malt
– rye flour (sourdough powder)
– salt
– dried yeast

Step by step preparación:

1. The preparation process is very easy and the explanation on the package is very clear. According to it, you can do the whole mixture inside the package, but I did it in a bowl. Put the whole mix in a bowl and mix all the ingredients until well integrated.

Pan de molde

2. Add 600 ml hot water (+45ºC). As I had a cooking thermometer, I checked hot tap water and it was perfect for this, so you won’t probably need to boil it.

Pan de molde

3. Mix well. You will notice that the dough will be quite liquid, so you won’t get a dough you can knead.

Pan de molde

4. Let it rise for 45 minutes. Put it in a mould (recommended 23 cm one, mine was 21 cm)

Pan de molde

and bake it for 60 minutes at 240ºC/450ºF. Although you may think it’s too much time and it may look it’s done before, let it bake for the whole 60 minutes. (I took it out in 45 minutes, and I had to take it back to the oven for 15 minutes more ;))

Pan de molde

And that’s it! Let it cool. Cut in thin slices, toasted and with some butter on top is really delicious! So, if you like this kind of bread, try it! It is very somple and the flavour is veeery yummy!

Pan de molde

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.