Palmeiriñas de sobrassada e Maó / Sobrassada and Maó cheese palmiers

Palmeiriñas de sobrassada e Maó

Sobrassada

Un aperitivo sinxelo, perfecto para cando temos invitados porque non tardaremos nadiña en facelas e ademáis, están boísimas! Unha vez que aprendades como vai isto das palmeiriñas, podedes poñerlle o recheo que máis vos guste. Con chocolate ou azucre tamén están ben sabedeiras, máis desta vez probamos cun recheo salgado. Se aínda non probastes a sobrassada, non agardedes máis! Seguro que vos encanta. Imos aló!

Ingredientes:

– 1 lámina de masa de follado
– sobrassada
– queixo de Maó-Menorca
– xamón cocido ou pavo (opcional)

Preparación paso a paso:

1. Abrimos a lámina de masa e esparexemos a sobrassada (a mellor maneira é facelo cos dedos).

Sobrassada

2. Engadimos o queixo de Maó relado.

Sobrassada

3. Marcamos o medio da masa e xiramos ámbalas dúas beiras cara o centro.

Sobrassada

4. Podemos engadir máis sobrassada, máis queixo, ou o xamón cocido.

Sobrassada

5. Xuntamos ámbalas dúas metades. Se facedes dúas dobreces, quedaranvos máis grandiñas. Se vos gustan pequenas, teredes que facer 3 dobreces, o enrolar as dúas metades.

Sobrassada

Sobrassada

6. Iremos cortando palmeiras de máis ou menos 1 ou 2 centímetros de ancho. Cortaremos con coidadiño para que non se nos mesture a masa ao cortar.

7. Enfornamos a 180° graos ata que estean lixeiramente douradas. E listo!

Sobrassada

Xa vedes, super sinxelas! Se probades coa sobrassada, tamén podedes engadirlle mel, que lle queda de medo! 😉 Pois ala, a poñerse coas mans na masa! E se probades con outros recheos, xa me contaredes.

____________________________________________

Sobrassada and Maó cheese palmiers

Sobrassada

An easy snack, perfect for those family or friends dinners, not only because they’re very quick to prepare, but also because they’re really yummy! Once you learn how to prepare these palmiers, you can try many different fillings, with chocolate and sugar are delicious, but these salty ones are tasty as well. And if you haven’t tried sobrassada yet, do it, you’ll love its flavour. Let’s go!

Ingredients:

– 1 disk shortcrust pastry
– sobrassada
– Maó-Menorca cheese
– boiled ham or turkey (optional)

Step by step preparation:

1. Spread the sobrassada over the pastry (the best way is using your fingers)

Sobrassada

2. Add the finely grated cheese.

Sobrassada

3. Mark the middle, and turn both sides to the center.

Sobrassada

4. We can add more sobrassada, cheese or some ham or turkey.

Sobrassada

5. Fold both sides together or fold again to the center and then put them together. If you fold it twice, you’ll get bigger palmiers and if you like them small, fold the pastry 3 times.

Sobrassada

Sobrassada

6. Cut the palmiers of 1 or 2 centimeters wide. Cut the pastry carefully because it’s a little bit sticky.

7. Bake at 180°C/375°F until lightly golden brown. And that’s it!

Sobrassada

Very easy, right? If you tried sobrassada, you can also add some honey, they make a perfect match! 😉 And if you try any other filling, let me know!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.