Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos / Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps

Espagueti con tomatiños, mozzarella e lagostinos

Spaghetti cherry

Unha receita de pasta moi rápida, sinxela e saudable. Con só 3 ingredientes básicos, teredes un prato de espagueti moi sabedeiro. Se vos gustou a receita de Espagueti á carbonara, apuntade esta porque tamén vos encantará! 🙂 Podedes cambiar os cherry por tomates grandes ou engadir alfábega fresca. Imos aló!

Ingredientes para 2 persoas:

– 100 gramos de espagueti
– 8 tomatiños
– 125 gramos de mozzarella fresca (1 boliña)
– 8 lagostinos
– alfábega seca, aceite e sal

Preparación paso a paso:

1. Cocemos os espagueti segundo indique no paquete.

2. Mentres, botamos unha cullerada de aceite de oliva na tixola para fritir os tomatiños: algúns deles botarémolos abertos e outros enteiros (que coa calor abrirán).

Spaghetti cherry

3. Cocemos os lagostinos durante uns 3 minutos e engadímolos aos tomatiños, cando estes xa estean ben brandiños. Salgamos e engadimos alfábeca seca ao gusto.

Spaghetti cherry

4. Cando os espagueti estean listos, botámolos na tixola e mesturamos todo ben.

Spaghetti cherry

5. Cortamos a mozzarella fresca en dadiños.

6. Para servilo, botamos os espagueti e esparexemos os dadiños de mozzarella por riba. E listo!

Spaghetti cherry

Xa vedes, máis sinxela non pode ser! Saudable, saborosa e moi nutritiva. Así que veña, a poñerse coas mans na masa e a preparar este prato de espagueti. Xa me contaredes que tal e agardo as vosas xeniais fotos 😉

___________________________________________________________

Spaghetti with cherry tomatoes, mozzarella and shrimps

Spaghetti cherry

A quick, easy and healthy recipe. With only 3 basic ingredients, you’ll get this delicious spaghetti dish. If you liked carbonara spaghetti, you’re going to love this one! 🙂 You can change cherry tomatoes for regular ones, or even add fresh basil. Let’s go!

Ingredients for 2 people:

– 100 gr spaghetti
– 8 cherry tomatoes
– 125 gr fresh mozzarella
– 8 shrimps
– dry basil, oil and salt

Step by step preparation:

1. Boil the spaghetti as indicated in the package.

2. Meanwhile, fry the cherry tomatoes (some in halves, the rest will break with the heat) in pan with a tablespoon olive oil.

Spaghetti cherry

3. Boil the shrimps and add it to the cherry tomatoes, when they are soft. Salt and add some dry basil.

Spaghetti cherry

4. When spaghetti are ready, mix them well with the tomatoes and the shrimps in the pan.

Spaghetti cherry

5. Chop the mozzarella.

6. To serve it, pour the spaghetti over a plate and spread the chopped mozzarella on top. And that’s it!

Spaghetti cherry

As you can see, it’s so easy I know you’ll be preparing it right away! So, get ready, buy the ingredients and you’ll not regret it 😉 I wait for your comments and your lovely pictures!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.