Crema de cacao caseira
Que boas están as cremas de cacao!!! E por que non probar a facela na casa? Con só 6 ingredientes e en 4 sinxelos pasos, teredes unha crema de cacao caseira que fará que non queirades mercala nunca máis. Ademáis, esta podédela facer ao voso gusto e é máis saudable, sen conservantes nin colorantes! Preparados? Imos aló!
Ingredientes:
– 100 gramos avelás torradas e peladas
– 350 gramos de chocolate negro
– 30 ml de aceite de xirasol
– 15 gramos de cacao en po
– 1 culleradiña de vainilla
– 1 chisco de sal
Preparación paso a paso:
1. Comezamos picando as avelás ata que se convirtan nunha crema e engadimos o chisco de sal. (Picarémolas durante uns 5 minutos, polo menos)
2. Derretemos o chocolate ao baño María.
3. Cando xa estea listo, engadimos o aceite, a vainilla e o cacao en po; e mesturamos ben.
4. Mesturamos a crema de avelás e a de chocolate. Deixamos que arrefríe durante un par de horas…e listo!
Esta crema quedará máis duriña que a que se merca, para que estea no seu punto, só teremos que quentala no microondas durante uns segundiños. Que bo almorzo prepararedes con esta crema de cacao e un anaco de pan! 😛
Agardo que vos gustara esta larpeirada e, se a preparades, xa sabedes, mandádeme as vosas fotos lambonas a kukinhas@kukinhas.com 😉
____________________________________________
Homemade nutella
How tasty nutella is!!! So why don’t preparing this delicious cocoa cream at home? With only 6 ingredients and following these 4 simple steps, you’ll get a so yummy nutella you’ll never ever buy another nutella bottle! Besides, you can do it in many different ways, adding more hazelnuts, or more salt, and…it’s healthier! Ready? Let’s go!
Ingredients:
– 100 gr toasted and peeled hazelnuts
– 350 gr black chocolate
– 30 ml sunflower oil (canola or coconut)
– 15 gr cocoa powder
– 1 teaspoon vanilla
– 1 pinch of salt
Step by step preparation:
1. Process the hazelnuts in a food processor until they have turned into a cream. Add the pinch of salt.
2. Melt the chocolate in a cup inside a pot with boiling water.
3. When melted, add the oil, vanilla and cocoa powder. Mix well.
4. Mix the hazelnuts and cream and the chocolate one. Allow to cool for, at least, a couple of hours…and that’s it!
This cocoa cream will be harder than nutella or any processed cream, so just heat it in the microwave for some seconds and it will be perfect! What a nice and delicious breakfast you’ll have with this homemade nutella and some bread 😛
I hope you like this sweet treat, and if you try it, you can send your yummy pictures to kukinhas@kukinhas.com
Catro palabras: A dieta po carallo xD
Ten unha pinta tremenda… eu inda non me meto no roio da repostería por medo… porque como lle colla o gusto… uF… non o quero nin pensar jajaja
Graciñas!!! Pero se a nós non nos fai falta dieta jajajaja Ademáis, non din que un pouco de chocolate ao día fai ben? Pois xa está 😉 Se probas, seguro que lle colles o gusto, porque a repostería é adictiva (que vou dicir eu!) 😛