Berenxenas con mel / Eggplant fritters with honey

Berenxenas con mel

Berenxenas mel

Dende que oin falar deste prato, andaba con ganas de facelo, porque a verdade é que a combinación de ingredientes sorprende. Sexades ou non fans da berenxena ou do mel, este prato seguro que vos gusta. Ademáis, podedes facelas sen mel como alternativa das patacas fritidas, xa veredes como aos pequechos lles encantan! E así tamén aproveitamos para que coman máis vexetais 🙂 Imos aló!

Ingredientes:

– 1 berenxena
– sal
– auga
– fariña
– aceite para fritir
– mel

Preparación paso a paso:

1. Cortamos as berenxenas en tiras, como se fixeramos patacas fritidas e salgamos.

Berenxenas mel

2. Preparamos o que será o rebozado mesturando auga e fariña ata que a mestura teña unha textura similar á do amoado das filloas, é dicir, non ten que quedar moi espeso. Eu botei case un vaso de auga e dúas culleradas de fariña.

Berenxenas mel

3. Botamos a berenxena dentro da mestura de fariña e mollámolas ben.

Berenxenas mel

4. Fritímolas co aceite ben quente ata que estean doradiñas e poñémolas enriba dun papel de cociña. (O certo é que non quedan nada aceitosas)

Berenxenas mel

Berenxenas mel

5. Cando xa estean tódalas tiras de berenxena fritidas, engadimos mel ao gusto. E listo!

Berenxenas mel

Xa vedes que é unha receita moi sinxela, rápida e que fará un acompañamento perfecto a calquera prato se as facedes sen mel, ou unha sobremesa saudable se llo engadides 😉 Seguro que repetides porque está boísimo! Bo proveito!

__________________________________________________

Eggplant fritters with honey

Berenxenas mel

I’ve been feeling like doing this dish since the first time I heard about it. The truth is that the combination of these two ingredients is quite surprising, but the result is incredibly tasty. Even if you’re not a big fan of eggplants or honey, you’ll love the two of them together. Besides, you can prepare them with honey as an healthier alternative to french fries. Kids will love them! Let’s see how to prepare it!

Ingredients:

– 1 eggplant
– salt
– water
– flour
– oil to fry
– honey

Step by step preparation:

1. Cut the eggplant into strips and salt.

Berenxenas mel

2. Mix the water and the flour until you get a texture like that of crepes. I used a glass of water and two tablespoons flour.

Berenxenas mel

3. Dip the eggplant into the flour mixture and mix well.

Berenxenas mel

4. Fry them in plenty of oil until golden brown and then, put them over a paper towel.

Berenxenas mel

Berenxenas mel

5. When all ready, spread some honey over them. And that’s it!

Berenxenas mel

Easy and quick, this fritters will be perfect as a side for any dish if you don’t add honey, or even a healthy dessert if you use it! If you try them, you’ll repeat for sure! Enjoy them 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.