Barriñas de chocolate caseiras / Homemade chocolate snacks

Barriñas de chocolate caseiras (estilo Huesitos)

Huesitos

Receita para relamber os dedos, sinxelísima, e con múltiples combinacións. Eu fíxenas con nocilla branca, nutella e coas dúas. E podedes recubrilas do chocolate que máis vos guste, tinguir o chocolate e facelas de cores ou botarlle froitos secos. Se tendes pequechos, seguro que se apuntan a axudarvos, aínda que só sexa para pasar a lingua polos dedos pringados de chocolate. Imos aló!

Ingredientes para 12 barriñas:

– 20 barquillos de xeado rectangulares
– nutella
– nocilla branca
– 200 gramos de chocolate negro
– 1 cullerada de aceite de xirasol

Preparación paso a paso:

1. Untaremos un barquillo coa vosa crema preferida, poñeremos outro por riba, volveremos untar, e así ata 4 veces, posto que a última deixarémola sen untar. (Como temos 20 barquillos, faremos 4 montonciños de 5 pisos)

Huesitos

Huesitos

Huesitos

2. Cando xa teñamos rematado, meterémolos na neveira durante, como mínimo, media hora.

Huesitos

3. Agora toca cortar. (Recoñezo que tiña moito medo a este paso…pensaba que ía escachar todo, pero corta moi ben!) Cun coitelo de folla ancha, apoiámolo sobre os barquillos (deixando a parte máis longa de arriba a abaixo) e cun golpe seco, sen ser moi forte, cortará de marabilla. De cada barquillo, faremos 3, para que nos quede con forma de barriña.

Huesitos

Aqui unha foto de como quedan ao cortalos.

Huesitos

4. Derretemos o chocolate no microondas. (Kukiconsello: se non queres que se queime o chocolate, derréteo en modo desconxelar). E cando xa estea derretido, engadimos a cullerada de aceite e mesturamos ben.

Huesitos

5. Sobre un papel vexetal colocamos as barriñas. Para botarlle o chocolate o mellor é mancharse, coller a barriña e cun pincel ou cunha espátula, ir botándollo todo ao redor. Se non vos queredes pringar tanto, podedes extendelo sobre o papel vexetal.

Huesitos

Huesitos

6. Arrefriar e papar! (Este paso é o mellor, non si?)

Huesitos

Xa vedes que a receita faise nun intre, e podedes facela de milleiros de maneiras. Se vos gusta o sabor máis tradicional, entón facédeas con nutella. E para conservalas, se fai moito calor, mellor na neveira, e senón, nunha lata. Agardo as vosas fotos! 😛

_____________________________________________

Homemade chocolate snacks (Milka Leo style)

Huesitos

The perfect recipe to lick your fingers! And you can try many different combinations. I used nutella, white chocolate nocilla and both. To cover them, just add your favourite chocolate, or even add nuts or chocolate drops with different flavours and colours. If you have kids around, they’ll help you right away, and they will love having to lick the chocolatey fingers. Let’s go!

Ingredients for 12 snacks:

– 20 rectangular ice-cream wafers
– nutella
– white chocolate nocilla
– 200 gr dark chocolate
– 1 tablespoon sunflower oil (or any soft flavour oil)

Step by step preparation:

1. Spread your favourite choco cream over the wafer, put another one on top, spread the next, and continue like that with 4 wafers, and top it with a wafer with no cream. (As we have 20 wafers, we will do 4 piles of 5 wafers each)

Huesitos

Huesitos

Huesitos

2. Put them in the fridge for, at least, half an hour.

Huesitos

3. Time to cut! (So afraid of this step…but it’s really easy!) We will cut each one in three, using a knife with a wide blade, and giving it a hard blow.

Huesitos

A picture of what they look like when cut.

Huesitos

4. Melt the chocolate in the microwave. (Kukitip: do in defrost option, and it won’t be burnt) When completely melted, add the tablespoon of oil.

Huesitos

5. Put the chocolate snacks over a baking sheet. To top them, the best way is to get your hands dirty and spread the chocolate with a baking brush or a spatula. But you can also do it over the baking sheet.

Huesitos

Huesitos

6. Allow to cool and get ready to enjoy! (Best step, isn’t it?)

Huesitos

A surprisingly quick recipe you can do in many different ways. If you like the traditional flavour, try it with nutella. To keep them for some days, put them in the fridge if it’s too hot, or in a tin bos, as we do with the cookies. Waiting for your pics! 😛

2 Comments

  1. :-O miña naiciña querida!! isto teño que facelo eu!
    Creo que te quero moito!! :-*

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.