Grissini de queixo e ourego
A orixe dos grissini remóntase ao ano 1679 en Torino, cando o cociñeiro da corte do rei – Antonio Brunero – decidiu inventar estes paus de pan para alimentar ao pequeno Víctor Amadeo (futuro Víctor Amadeo II de Savoia), que por mor do seu mal estado de saúde, non podía dixerir ben o miolo do pan. E que boa idea, porque están boísimos! Podedes facer outras versións con sementes de cabaza, pipas, olivas… Imos aló!
Ingredientes:
– 1 lámina de pasta brisa ou masa de follado
– 1 ovo
– queixo en po ou relado
– ourego
Preparación paso a paso:
1. Batemos o ovo e esparexémolo por riba da masa coa axuda dunha culler ou dun pincel de cociña.
2. Engadimos o queixo e o ourego. (Despois de feitos, creo que lle tiña que ter engadido máis queixiño, así que botádelle unha boa cantidade)
3. Cortamos tiras duns dous centímetros. Se tedes un cortapizzas, seravos máis sinxelo.
4. E iremos retorcendo cada tira cos dedos. Podemos untar os grissini con ovo tamén por riba.
5. Enfornamos a 200°C durante uns 15 minutos. E listo!
Xa temos os grissini preparados, perfectos para cando nos entra a lareca a horas intempestivas 😉 Un aperitivo saboroso, saudable, rápido de facer e ben sinxelo.
____________________________________________
Cheese and oregano grissini
The origin of these grissini (breadsticks) dates back to 1679 in Torino, when the royal cook -Antonio Brunero- invented this type of bread to give it to little Victor Amadeus (later Victor Amadeus II of Sardinia) as he could not eat the breadcrumb due to some health problems. And what a great idea, because they’re reeeally tasty! You can also prepare them with sunflower or pumpkin seeds, olives… Let’s go!
Ingredients:
– 1 disk shortcrust pastry
– 1 egg
– powdered or grated cheese
– oregano
Step by step preparation:
1. Beat the egg and spread it over the pastry with a spoon or a pastry brush.
2. Add the cheese and the oregano. (Now that I have them done, I’m sure I would have added even more cheese, so add much more!)
3. Cut the pastry into strips of 2 cm. It will be easier with a pizza wheel.
4. And twist each strip with your fingers. You can also spread some more egg on top of the grissini.
5. Bake for 200°C/400°F for about 15 minutes. And that’s it!
And here we have our grissini ready, perfect as a snack, dessert or at any time you feel like eating something. Easy and quick, you’ll sure make them and repeat!