Madalenas de Ferrero Rocher
Ás veces ata eu mesma me canso de tanto cupcake, cake pop, …e todas estas larpeiradas que requiren unha chea de ingredientes e moita preparación. Por iso, nesta ocasión, quixen facer unha receita de madalenas ben sinxela e rápida, pero cun recheo de Nutella e Ferrero Rocher que lle dará un toque saboroso e diferente. Imos aló!
Ingredientes para 8 madalenas:
– 1 ovo
– 70 ml de leite
– 1/2 sobriño de fermento (uns 8 gramos)
– 100 gramos de fariña
– 70 gramos de azucre
– un chisquiño de sal
– 70 gramos de aceite de oliva suave ou de xirasol
– 15 gramos de cacao
– bombóns Ferrero Rocher
– Nutella
Preparación paso a paso:
1. O primeiro que teremos que facer será meter os Ferrero Rocher no conxelador, para que despois conserven ben a forma no forno.
2. Para facer as madalenas, batemos o ovo e o leite.
3. Engadimos o fermento, a fariña, o azucre, o sal e o cacao e batemos de novo.
4. Por último, botámoslle o aceite e mesturamos ben.
5. Deixamos repousar a masa durante media hora na neveira.
6. A continuación, vertemos masa cubrindo 1/3 da capacidade do molde para madalenas. (Xa podemos prender o forno a 200°C)
7. Poñemos o Ferrero Rocher conxelado no centro.
8. Botamos Nutella por riba do Ferrero e cubrimos con masa ata o borde do molde.
9. Metemos as madalenas no forno durante 5 minutos a 200° e 10 minutos a 180°. Para saber se xa están listas, só temos que cravar un escarvadentes no medio da madalena e se sae limpo, e que xa están.
E xa temos listas estas saborosas madalenas! Están boísimas tanto quentes como frías, e xa vedes que son moi sinxelas de facer. Así que animádevos a preparalas e mandádeme unha foto a kukinhas@kukinhas.com (our por twitter, facebook ou Instagram, por suposto!)
___________________________________________________
Ferrero Rocher muffins
I sometimes even get tired of cupcakes, cake pops…and all those sweets so hard to make and with so many ingredientes. That is why I came up with the idea of preparing this easy and quick muffins stuffed with the-always-delicious Ferrero Rocher and Nutella! Looks good, doesn’t it? So let’s go!
Ingredients for 8 muffins:
– 1 egg
– 70 ml milk
– 8 gr baking powder
– 100 gr plain flour
– 70 gr sugar
– a pinch of salt
– 70 gr smooth olive oil or sunflower oil
– 1 tablespoon cocoa
– Ferrero Rocher
– Nutella
Step by step preparation:
1. The first thing we have to do os to put the Ferrero Rocher in the freezer, so they keep the form and the texture while in the oven.
2. For the muffins, whisk the egg and the milk.
3. Add the baking powder, flour, sugar, salt and cocoa, and beat again.
4. Last, add the oil and whisk.
5. Let it settle in the fridge for half an hour.
6. Then, add batter in the muffin mould, covering 1/3. (Now it’s time to heat the oven at 200°C/400°F)
7. Put the frozen Ferrero Rocher in the middle.
8. Add some Nutella over the Ferrero and add enough batter to fill the muffin mould to the top.
9. Bake the muffins at 200°C/400°F for 5 minutes and at 180C°/375°F for 10 minutes. The muffins will be ready when a toothpick inserted in the middle of it comes out clean.
And here we have these delicious muffins! They’re incredibly tasty either hot or cold. And as you can see, they’re very easy to prepare, so wait no more, get your ingredients ready and send a picture to kukinhas@kukinhas.com (or by facebook or twitter, of course!)