Ensaimadiñas / Little Ensaimadas

Ensaimadiñas

Ensaimadas

Cando me agasasllan cun libro de cociña, acostumo a deixarme levar polo que me din os meus ollos e escoller a receita que mellor pinta me ten. E desta vez, non foi distinto.

Tendo entre mans o libro Bollería, de Xavier Barriga, ocorreuseme probar a facer a receita das Ensaimadas. O que non pensei foi que a dificultade de dita receita era: Moi difícil. E non é que me asuste eu de que sexa difícil, pero sempre teño especial coidado, sobre todo, cando é a primeira receita que fago, pois cada libro é un mundo, e ás veces, costa collerlle o “tranganillo” ás explicacións.
Despois de facer estas ensaimadiñas, creo que convén poñervos xa ao principio da receita, uns consellos que creo que non están suficientemente especificados, e que a min me tería gustado sabelos.

Kukiconsellos:

– Este tipo de masa require moito espazo, e con iso quero dicir que cando teñades que poñer as ensaimadas xa formadas a levedar, eu faríao da seguinte maneira: poñer cada ensaimada nun prato de postre cun papel vexetal por baixo. Así, medrarán ao seu aire e non se pegaran (como me pasou a min), e o do papel vexetal é porque así poderedes pasalas directamente á bandexa do forno sen ter que movelas moito, para que non perdan nin a forma nin o volume.

– Por outra banda, cando lle fagades a forma de caracol, procurade que a masa non se toque, quedando oco entre masa e masa. Así, non vos quedarán boliños (como semellan os meus 😉 ), senón que medrará e conservará a forma de ensaimada que debe ter.

Ingredientes para unhas 10 ensaimadiñas:

– 500 gramos de fariña de forza
– 1 culleradiña de sal
– 90 gramos de azucre
– 2 ovos
– 20 gramos de fermento fresco
– 230 ml de auga fría
– 100 gramos de manteiga de porco
– azucre en po

Preparación paso a paso:

1. Mesturar tódolos ingredientes agás o fermento e o azucre en po. Amasar ata que estea todo ben integrado.

Ensaimadas

Ensaimadas

2. Engadir o fermento e amasar de novo ata que estea lisiña.

Ensaimadas

3. Formar un boliño untado con aceite e deixalo repousar durante 20 minutos.

Ensaimadas

4. Dividir a masa en 10 boliños duns 80 gramos e deixala repousar 30 minutos na nevera tapada cun film transparente para que non se poña dura pola parte superior.

Ensaimadas

5. Traballar a manteiga de porco (isto seguro que lle encantará facelo aos nenos!) ata que teña unha textura cremosa.

Ensaimadas

6. Estirar os boliños con coidado dándolles forma rectangular e untalos cun chisco de manteiga. (A cantidade dependerá un pouco de como vos guste)

Ensaimadas

Ensaimadas

7. Enroscamos (cantas máis voltas, mellor) ata obter unha tiriña de masa.

Ensaimadas

8. Facemos forma de ensaimada (recordade non xuntalas tanto coma min).

Ensaimadas

9. Deixarémolas repousar durante 12 horas. Como non fixen o truco que vos digo, quedáronme pegadiñas. Pero foron así ao forno, e como alí non medran, despegáronse ben.

Ensaimadas

10. Co forno prequentado, metémolas no forno durante uns 15 minutos a 200ºC ou ata que collan unha cor dourada-marrón por riba. E botámoslle azucre en po para que queden ben bonitas 😉

Ensaimadas

E listo! Frías están moi boas, pero eu non perdería a oportunidade de probalas quentiñas…están de vicio! Bon profit!

___________________________________________________________

Little Ensaimadas

Ensaimadas

When someone gives me a cook book, the first thing I do is taking a quick look and choosing a recipe just because I like the picture. And this time, I did exactñy the same. Having in my hands, the book called Bollería, by Xavier Barriga, the recipe that caught my eye was this Ensaimadas recipe. What I did not notice at first was the very difficult sign on it. And I’m no scared of difficult recipes, but, sometimes, when the cook book is new, I prefer starting with an easy one, until I get the writer style and the way he/she explains the recipes.
So, after prepararing these ensaimadas, there are a couple of tips that I would like to share with you.

Kukitips:

– This type of dough needs a lot of space, that is, in the step in which you give form to the ensaimadas, my recommendation would be that you put every ensaimada in a small plate, allowing them to leaven freely, and with a piece of baking sheet paper under it. Thus, we will be able to move them onto the baking tray without having to touch them, making them lose its shape.

– On the other hand, when giving the “snail shell” shape, try not to put the dough together, leaving some space between the dough. Thus, we will help the dough keep the shape after leavening.

Ingredients for 10 little ensaimadas:

– 500 bread flour (strong flour)
– 1 teaspoon salt
– 90 gr sugar
– 2 eggs
– 20 gr fresh yeast
– 230 ml cold water
– 100 gr lard
– powdered sugar

Step by step preparation:

1. Mix and knead all the ingredients, except powdered sugar and yeast.

Ensaimadas

Ensaimadas

2. Add yeast and mix until smooth.

Ensaimadas

3. Spread oil around the dough and form a ball. Let it rest for 20 minutes.

Ensaimadas

4. Divide the dough into 10 little balls of 80 gr each and let it rest in the fridge for 30 minutes, covered by a plastic wrap.

Ensaimadas

5. Knead the lard until smoothy and creamy. (Kids will love this!)

Ensaimadas

6. Spread the dough with your fingers, trying to shape it as a rectangle and spread some lard over it. (The quantity depends on how much you like lard).

Ensaimadas

Ensaimadas

7. Roll the dough (the more you roll, the better).

Ensaimadas

8. Roll up like a snail shell. (Remember not to put them so close as I did)

Ensaimadas

9. Let them rest for 12 hours. If you follow my advice, you won’t end up having them like this! 🙂

Ensaimadas

10. Pre-heat the oven at 200ºC/400ºF and bake them for about 15 minutes or until golden brown. And spread some powdered sugar over them.

Ensaimadas

And that’s it! They’re incredibly tasty! But now that you have the chance, try them hot, they’re even more delicious! Bon profit!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.