Tortiñas irlandesas tradicionais
Xa levaba máis dunha semana con gana de facer (e comer) tortitas, pero andaba agardando a ter entre mans esta receita que nos dera o profesor de Costumes e tradicións das Illas Británicas, en Filoloxía Inglesa. É unha receita sinxela e tradicional, e non leva azucre, polo que, acompañado de froitas, de compota de mazá ou de chocolate sen azucre, fará as delicias de calquera larpeiro que non poida tomar azucre!
Ingredientes:
– 250 gr fariña
– 1 chisco de sal
– 1 ovo
– 300 ml leite
Preparación paso a paso:
1. Mesturamos a fariña tamizada, o sal e mailo ovo.
2. Engadimos o leite mentres imos batendo pouco a pouco.
3. Cando estea todo ben mesturado, teremos unha masa semellante á das filloas pero máis espesa. Deixarémola en repouso durante máis ou menos unha hora.
4. Quentamos unha tixola con moi pouquiño aceite de oliva, e cun cucharón, botaremos unha pequena cantidade de masa cando a tixola estea ben quente. Levantamos a tixola e estendemos a masa ata que quede unha tortita duns 10 centímetros de diámetro.
Se comezamos a ver unhas pequenas burbullas na masa, é que a cousa vai ben! 😉
5. Cando a masa estea lista por un lado, darémoslle a volta. Veredes que colleu unha lixeira cor marrón clariña.
6. Polo outro lado, farase axiña, así que estade atentos! Sacádela da tixola e poñédela nun pratiño. E así iremos facendo ata que rematemos a masa. Normalmente, se a tixola non pega, non teredes que ir engadindo máis aceite. Sairán unhas 15 tortitas.
E listo! Podédelas acompañar de chocolate, (mel ou azucre en po) marmelada caseira, compota de mazá, fresas, xamón e queixo… quedarán ben boas tanto con ingredientes doces como salgados.
Bo proveito! 😛
______________________________________________________
Irish traditional Pancakes
I’ve dreaming about preparing (and eating) pancakes for more than a week! But I was waiting to have this recipe in my hands. It’s a recipe one of our teachers of English degree gave us when dealing with Costums and traditions of the British Isles. It’s easy, traditional and has no sugar, so it can also be enjoyed by those who cannot eat sugary desserts!
Ingredients:
– 250 gr flour
– 1 pinch of salt
– 1 egg
– 300 ml milk
Step by step preparation:
1. Sift the flour and add the salt. Beat in the egg.
2. Then gradually add the milk, beating until smooth.
3. Leave to stand for about one hour.
4. Heat a little oil in a frying pan and, when very hot, pour in just enough batter to cover the bottom of the pan.
5. Cook over a high heat until golden brown, then tows and cook the other side.
Everyone has their own favourite pancake filling. Sandwich the pancake together using jam, cream, chocolate, fruits, cheese and ham, strawberries… they’re tasty with either sweet or salty fillings.
Enjoy them! 😛