Enrolados de polo / Chicken wraps

Enrolados de polo

image

E aquí ven outra receitiña desas que tanto me gustan: rápidas, sinxelas e deliciosas! A idea orixinal era facelas con pementos verdes, vermellos e amarelos, pero como só atopei vermellos, así foi! Imos ver como preparar este prato delicioso.

Ingredientes para 4 enrolados:

– 1/2 cebola
– 1 pemento morrón vermello
– 250 gramos de peituga de polo
– queixo relado
– 4 ‘tortillas’ mexicanas (estas eran con tomate)

Preparación paso a paso:

1. Fritimos a 1/2 cebola e mailo pemento. Reservamos.

image

2. Cortamos a peituga de polo en tiriñas e fritímola. Para darlle un pouco máis de sabor empreguei un sazonador de carne, que leva especias diferentes e dalle moi bo sabor.

image

3. Mesturamos o polo co pemento e a cebola. Nunha tixola, quentamos as tortillas por ámbolos dous lados. Nun prato, engadimos dúas culleradas de recheo sobre a parte superior da tortilla quente.

image

image

4. Engadimos o queixo relado.

image

5. E dobramos as tortillas. Primeiro dobraremos a parte inferior cara arriba, como se ve na fotografía.

image

6. E despois, dobraremos os laterais cara adentro. E quedarannos así.

image

E xa está! Así quentiños están boísimos! Se vedes que mentres ides facendo os demáis, os primeiros se arrefrían, podedes volver poñelos na tixola e darlle un toque de calor. E a comer! Bo proveito! 😉

________________________________________________

Chicken wraps

image

Here comes another of those recipes I love: quick, easy and delicious! My first thought was preparing it with yellow, green and red bell peppers, but I could only find red ones. So, let’s see how to prepare these delicious chicken wraps.

Ingredients for 4 wraps:

– 1/2 onion
– 1 red bell pepper
– 250 gr chicken breasts
– grated cheese
– 4 mexican tortillas (these were with tomato)

Step by step preparation:

1. Fry the onion and the pepper. Keep for later.

image

2. Cut the chicken breasts into strips and fry them. I used a meat seasoneing, with different spices which gives a really nice flavour.

image

3. Mix chicken, pepper and onion. In a pan, heat the tortillas. On a dish, add two tablespoons of the chicken mixture over the hot tortilla.

image

image

4. Add grated cheese.

image

5. Bend the bottom of the tortilla towards the top, as in the picture.

image

6. And bend bothe sides towards the centres. And they will look like these ones.

image

And that’s it! They’re extra yummy, even better when they’re hot. If they get cold while you prepare the rest, you can heat them a bit in the pan. Time to enjoy! 😉

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.