Leite fritido con prebe de amorodos / “Fried milk” with strawberry coulis

Leite fritido con prebe de amorodos

Leite fritido

Desta vez, unha receita desas que a todos (ou case) nos encanta! Desas receitas que nos recordan ás nosas nais, pais, tías, tíos, e avós ou avoas, porque se levan facendo toooda a vida. E por que non coller o relevo? 🙂 E se empregamos unha fariña sen gluten, tamén apta para celícaos. Así que, imos aló!

Ingredientes para o leite fritido:

– 1/2 litro de leite
– 60 gramos de fariña
– 4 culleradas de azucre
– 2 anacos de monda de limón ou laranxa

Preparación paso a paso:

1. Quentamos o medio litro de leite coas 4 culleradas de azucre e as mondas, neste caso, de laranxa.

image

2. Cando o leite tome un puntiño de sabor a laranxa, desfaremos a fariña nun chisco de leite frío ata que non teña bolos. Sacaremos as mondas de laranxa, e engadiremos a fariña desfeita no leite. Deixaremos cocer ata que estea ben espeso.

image

3. Cando espese, botaremos a masa de leite sobre un molde e deixarémolo arrefriar. Cando consigamos despegalo de forma sinxela do molde, estará o leite listo para ser fritido.

image

4. Cortarémolo en cadradiños, pasarémolo por fariña e por ovo, e fritirémolo ata que colla unha cor dourada por ámbolos dous lados. Despois, deixarémolo un tempo sobre papel absorbente.

image

5. Por suposto que así, xa está boísimo! Pero xa que vai ser o Día dos Namorados, darémoslle un toque diferente.

Ingredientes para o prebe de amorodos:

– 4 ou 5 amorodos
– un chisco de auga
– 2 culleradas de azucre

Preparación paso a paso:

1. Nun caciño, poñemos os amorodos cortados en anaquiños cun chisco de auga.

2. Cando comece a ferver, engadimos o azucre. Ferveremos durante uns 5 minutos, ou ata cando vexades que se formou unha cremiña semellante á marmelada.

image

3. Colocamos o leite fritido, e botámoslle o prebe de amorodos por riba.

image

E listo! 🙂

Xa sabedes que se vos animades a facer leite fritido, podedes mandarme unha foto a kukinhasblogue@gmail.com

____________________________________________________

Fried milk with strawberry coulis

Leite fritido

I didn’t know exactly how to translate this, but I think that the literal one works fine! 🙂 This is one of those recipes which almost everyone around Galiza likes. A typical, traditional and… absolutely delicious recipe! So, why don’t you try it too? Let’s go!

Ingredients for the fried milk:

– 500 ml milk
– 60 gr flour
– 4 tablespoon sugar
– orange/lemon peel

Step by step preparation:

1. Boil milk together with sugar and, in this case, the orange peel.

image

2. When milk has some orange flavour, mix the flour with some cold milk, take the orange peel out and add the flour mixture. Let it boil until thick.

image

3. When thick, pour the batter over a mould (better if square-form). Let it cool until you are able to take the milk easily out of the mould, being non-sticky.

image

4. Cut it into squares and coat them in flour and egg until golden brown. Then, put them over paper towel.

image

5. Of course they’re extra tasty like this, but, as St. Valentine’s Day is near, we will give it a special, lovely touch.

Ingredients for the strawberry coulis:

– 4 or 5 strawberries
– some water
– 2 tablespoons sugar

Step by step preparation:

1. In a pot, heat the chopped strawberries with some water.

2. When it boils, add the sugar and boil for about 5 minutes, or until it gets a jam-like texture.

image

3. Put the fried milk on a plate and pour the coulis over these cute little squares.

image

And that’s it! 🙂

Easy, right? So, waist no time, buy the ingredients and send your beautiful picture of your fried milk to kukinhasblogue@gmail.com

2 Comments

  1. Ains, Love is in the air, teñen un pinta fantástica e de seguro que están moi saborosos.

    • O leite fritido é unha aposta segura! 🙂 E co prebe de amorodos…mmm! Moitas graciñas por comentar, coma sempre! 🙂

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.