Boliñas de xamón
Levaba xa uns días con gana de facer croquetas…ou máis ben, de comer croquetas! 😉 Así que aproveitando que iamos preparar unha bechamel para unha lasaña, preparamos outra para estas deliciosas boliñas de xamón. E despois de tanto doce, xa tocaba algo salgado.
Ingredientes:
– 3 culleradas de manteiga
– 2 culleradas de fariña
– 2 vasos de leite
– 100 gramos de xamón serrano en taquiños
– fariña (para rebozar)
– 1 ovo
– pan relado
Preparación paso a paso:
1. Primeiro fritiremos un chisco o xamón e reservámolo para despois.
2. A continuación, prepararemos a bechamel. Derretemos a manteiga, e cando xa estea lista, engadimos a fariña. ‘Fritiremos’ a fariña ata que colla unha lixeiriña cor dourada, para que despois non se note moito o sabor da fariña.
3. Cando xa estea listo, engadimos o primeiro vaso de leite. Mesturamos ben. E cando volva a estar espesa, iremos engadindo o segundo vaso en dúas ou tres veces.
4. Cando a bechamel xa teña a textura desexada (cando se despegue facilmente da sartén), engadimos os taquiños de xamón e mesturamos de novo.
Como vedes, non se lle engade sal á bechamel porque o xamón xa lle dará o toque de aal necesario.
5. Botamos a masa nun molde para que arrefrie. Cando xa estea frío, xa a podemos meter na neveira. (Kukiconsello: para que non se poña dura a masa por riba, o ideal é tapala cun papel transparente ben pegadiño á masa antes de metela no frigo).
6. Cando a masa xa non pegue e se despegue do molde, é que xa está! Formaremos boliñas coas mans procurando que queden máis ou menos do mesmo tamaño. Pasarémolas por fariña, ovo e pan relado, e fritirémolas na sartén con abundante aceite de oliva ben quente.
(Kukiconsello: non poñas moitas boliñas de cada vez para que non arrefrie o aceite, e se fagan ben por dentro e por fora).
7. Irémolas sacando e poñéndoas nun papel de cociña para retirar o exceso de aceite. E listo!
Xa temos unhas boliñas de xamón listas para comer! 😛
________________________________________________________
Ham croquettes
I’ve been thinking about preparing croquettes from long ago, well, to be honest, I’ve been thinking about eating them! 😉 So, as we had to prepare some bechamel for a lasagna, we did another one to prepare these delicious ham croquettes!
Ingredients:
– 3 tablespoons butter
– 2 tablespoons flour
– 2 cups milk
– 100 gr finely-chopped cured ham
– flour (for coating)
– 1 egg
– breadcrumbs
Step by step preparation:
1. First, fry the cured ham a bit and keep it for later.
2. Then, prepare the bechamel. Melt the butter in a pan, add the flour and fry it until it gets golden brown, thus, you won’t notice the flour flavour in the croquettes.
3. Add the first cup of milk and mix well. When the bechamel turns thick, add the second cup of milk in two or three times.
4. When the bechamel is ready, that is, when it does not stick to the pan, add the ham. You won’t need to add salt because the ham will give enough.
5. Pour the croquette batter over a mould and let it cool. Once it’s cold, you can put it in the fridge. (Kukitip: to prevent the batter from turning hard on top, cover it with some plastic wrap before putting it in the fridge).
6. After a couple of hours, it will be ready! Form little balls with your hands. Coat them with flour, egg and then, bread crumbs. Heat enough olive oil to cover half the croquettes. And fry them. (Kukitip: don’t fry too many croquettes at a time, to prevent the oil from getting cold).
7. Once bright brown, take them out and put them over a paper towel to absorb the excess oil. And that’s it!
Ham croquettes ready to be eaten! Yummy! 😛