Cupcakes: especial Samaín / Cupcakes: Halloween edition

Cupcakes: especial Samaín

image

Sigo experimentando coas magdalenas de vainilla! Debo recoñecer que, dende tempo atrás, tiña gana de probar a facer buttercream, e máis concretamente, buttercream de Oreo (sí, desas que din que son tan adictivas como a cocaína). E como estes días andamos con receitas de Samaín, aí van estes cupcakes especial para Samaín! Imos aló!

Ingredientes:

– 50 gramos de manteiga*
– 100 gramos de azucre en po*
– 1 cullerada de leite
– 1 cullerada de vainilla
– 4 galletas Oreo picadas

*A manteiga deberá estar a temperatura ambiente. Se vedes que aínda así, resulta difícil de manexar, porque a temperatura ambiente é bastante baixa, poñede a manteiga durante uns segundos no microondas para que abrande (sen chegar a poñerse líquida).

*A cantidade de azucre soe ser o dobre que de manteiga, pero tanto a cantidade de manteiga como de azucre poden variar dependendo do líquida ou espesa que vexades a buttercream.

Preparación paso a paso:

1. Batemos a manteiga ata que colla un aspecto cremoso. E engadimos o azucre en po pouco a pouco. Para que se mesture millor, podedes coar o azucre para que non teña gromos.

image

2. Engadimos a cullerada de vainilla e seguimos batendo.

image

3. Engadimos a cullerada de leite e integrámolo todo ben.

image

4. Picamos as Oreo nunha picadors, ata que queden ben finiñas e engadímolas á mestura anterior. E, por suposto, mesturamos de novo.

image

5. Agora xa temos a buttercream preparada!

image

Só temos que botala nunha manga pasteleira, nunha bolsiña de prástico ou nalgún molde que teñades para decorar cupcakes. E listo! A experimentar! Que é o máis divertido.

Eu fixen estas con cabaciñas de chocolate para o Samaín. Pero podedes poñerlle bombóns, boliñas de cores, ou un anaquiño de Oreo.

image

image

image
________________________________________________

Cupcakes: Halloween edition

image

Still experimenting with the vanilla muffins! Oh yeah! I must confess that I always wanted (ok, not always, since I know it exists) to make cupcakes with buttercream on top. And, especially, Oreo buttercream (yes, those that are as addictive as cocaine). And as these days I’m preparing Samhain/Halloween recipes, I’ve made these cupcakes: Halloween edition! Let’s go!

Ingredients:

– 50 gr butter*
– 100 gr powdered sugar*
– 1 tablespoon milk
– 1 tablespoon vanilla essence
– 4 Oreo cookies, processed

*Butter should be at room temperature. However, sometimes the room temperature is not hot enough and the butter will be harder to mix. If this happens to you, heat it a bit in the microwave for a couple of seconds (but not liquid).

*The quantity of sugar usually doubles that of the butter. If you feel it is too liquid, add more sugar, and if you find it very thick, add more butter.

Step by step preparation:

1. Beat the butter until creamy. Add the sugar bit by bit. Sift it to avoid having crumbs.

image

2. Add the tablespoon of vanilla essence and keep on beating.

image

3. Add the milk and beat until well integrated.

image

4. Process the Oreos in a food processor, add them to the previous mixture and mix well.

image

5. Oreo buttercream ready!

image

Just put it in a piping bag, a regular plastic bag or in a special frosting mould. And that’s it! Now it’s time to experiment, the funniest part!

I made these ones with a chocolate pumpkin on it. But you can also use chocolates, sprinkles or cookies.

image

image

image

6 Comments

  1. I love this cake for my special day¡¡

  2. eu teño unha pregunta a proposito da buttercream, de sabor que tal queda? non queda moi doce? (sempre teño medo diso, polo momento só fixen cheesecream)

    • Eu tiña o mesmo medo cando a fixen por primeira, por iso de levar tanto azucre, pero a verdade é que o azucre en po non é tan doce coma o outro. Ademáis, así tamén lle saca un pouco o sabor a manteiga. Xa me contarás cando a probes! 🙂 E moitas grazas por comentar!!!

  3. Moitas grazas por todas as túas recetas. Gustaríame saber como fixeches as cabazas de adorno de chocolate. Cun molde? E a cor?

    Graciñas!!!

    • Ola Rebeca! Moitas grazas a ti Pois estas foron mercadas. Trouxéronmas de agasallo e aproveiteinas para facer os cupcakes. Supoño que con chocolate branco con corante laranxa sairán. E un molde de cabazas. Sinto non poder darche a receita!

Leave a Comment

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.